Clara Millán González, nada en Liméns (Cangas de Morrazo) en 1966, é unha política galega do BNG.

Traxectoria Foi alcaldesa de Cangas entre 2007 e 2011. Conseguiu o bastón de mando grazas ao apoio dos 4 concelleiros de PSdeG e os outros 3 de ACE (Alternativa Canguesa de Esquerdas).

O último ano de Millán na alcaldía foi difícil. Na vila producíronse revoltas en contra das obras que ela autorizara en Massó. No final do mandato gobernou en minoría, pois ACE saíu do tripartito e mesmo apoiou unha votación para lle quitar o soldo á alcaldesa.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cangas de Morrazo

Ligazóns externas

Categoría:Alcaldes de Cangas de Morrazo Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1966 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes