Soiuz TM-21 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 14 de marzo de 1995 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TM-21, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Vladimir Dezhurov, Gennadi Strekalov e Norman Thagard (o primeiro estadounidense en viaxar nunha Soiuz ) a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.
A misión coincidiu co acoplamento do transbordador espacial Atlantis á Mir. Coa chegada da Soiuz TM-21 a poboación conxunta da Mir e do transbordador chegou aos 13 habitantes, a maior reunión de xente no espazo por primeira vez na historia: Dezhurov, Strekalov, Thagard na Soiuz ; Viktorenko, Kondakova e Polyakov na Mir; e Oswald, Gregory, Lawrence, Jernigan, Grunsfeld, Parise e Durrance no Atlantis.
A Soiuz regresou a terra o 11 de setembro de 1995 ás 6:52 GMT, tocando terra a uns 108 km ao nordeste de Arkalyk (Kazakhstán).
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TM Estación espacial Mir Transbordador espacial Atlantis Soiuz TM-20 Soiuz TM-22
Notas
Categoría:Programa Soiuz