A fervenza do Tequendama (en ) é unha fervenza natural de Colombia, que se atopa no concello de Soacha, no Departamento de Cundinamarca. Atópase a preto de 30 km ó suroeste de Bogotá.
Características Segundo un mito muisca, formouse por acción divina para evacuar as augas que asulagaban a sabana de Bogotá. Algúns estudos sinalan que isto puido ocorrer efectivamente, e que a súa formación puido darse nun curto lapso.
Tras percorrer máis de 100 km polo altiplano cundiboyacense e a sabana de Bogotá, o río Bogotá cae dende aproximadamente 157 metros sobre un abismo rochoso de forma circular formando a fervenza, que se acha nunha rexión boscosa de neblina permanente. Administrativamente pertence ó concello de Soacha. Parte das súas augas tamén son alimentadas polo soborde da Represa do Muña.
Notas
Categoría:Fervenzas de Colombia