Soiuz TM-31 foi a primeira misión espacial tripulada á Estación Espacial Internacional, lanzada o 31 de outubro de 2000 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TM-31, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Iuri Gidzenko, Sergei Krikalev e William Shepherd (a chamada Expedición Un) a bordo, foi a primeira misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A nave acoplouse co porto traseiro do módulo Zvezda. Durante a misión a tripulación activou os sistemas de Zvezda, realizou tarefas de mantemento, recibiu a visita das naves de carga Progress M1-4 e Progress M-44 e comezaron a facer algúns experimentos. Durante a súa estancia tamén se acoplou o transbordador espacial Atlantis durante a misión STS-98 para levar o módulo Destiny á estación, así como a STS-102, correspondente ao Discovery.

A Soiuz TM-31 regresou a terra o 6 de maio de 2001.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TM Estación Espacial Internacional Soiuz TM-30 Soiuz TM-32

Notas

Categoría:Programa Soiuz