Alejandro Mene Pazos, coñecido como Álex Mene, nado en Vigo en 1969,Ficha de Mene en arteinformado.com . é un mestre, escritor, artista multidisciplinar e comisario de exposicións galego.Miren Xare gaña a XII edición do Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense , nova no sitio web da Deputación de Ourense.
Traxectoria Licenciouse en Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. É profesor de cultura audiovisual e fundamentos da arte no IES Alexandre Bóveda.
A súa obra aborda temas coma o desexo, a memoria, e os roles e a Identidade de xénero.Anxela Caramés: "O que pretendía afirmar é que si, hai feminismos nas artes visuais en Galicia", entrevista a Ánxela Caramés a cargo de Montse Dopico para Praza Pública o 24 de febreiro de 2017. Como fotógrafo e pintor expuxo en espazos tales como a Galería Espacio 48 de Santiago de Compostela, no Museo Municipal de OurenseEntre el caos y el orden, nova en La Voz de Galicia o 9 de febreiro de 2015 . ou no Museo MARCO de Vigo.EXPOSICIÓN “ALÉN DOS XÉNEROS. PRÁCTICAS ARTÍSTICAS FEMINISTAS EN GALICIA” - (MUSEO MARCO) , nova en VigoCultura.
Pezas audiovisuais súas participaron en festivais como o Certame de curtas de Caja Madrid, o Festival de Cine Independente de Elx, o Certame de Mozos Realizadores de Zaragoza, o Rec.06, o Festival de Creació Audiovisual de Tarragona ou o Girona Film Festival.
Doutorouse en Belas Artes cunha tese sobre o labor de fotógrafo de Eduardo Blanco Amor intitulada O ollo cazador. Sobre a fotografía de Eduardo Blanco Amor.Una tesis doctoral destaca su modernidad como fotógrafo, nova en La Voz de Galicia o 27 de xaneiro de 2015 .
Obra literaria Infanto-xuvenil A raíña das tortas (2018). Ilustracións de Blanca González Crespán. Alvarellos Editora.Ficha na Rede de Bibliotecas de Galicia. Indómita e a semente da inmortalidade (2019). Bululú. ISBN 978-84-945494-9-6. Foi traducida ao castelán en 2021. Poesía Os puntos de impacto (2022). Espiral Maior. Narrativa O amante expresionista (2024). Vigo: Galaxia, col. Ronsel. 196 páxs. ISBN 9788411762083. Reserva natural (2026). Baía. 96 páxs. ISBN 978-84-9995-475-2. Obra artística e expositiva Individual Ventás para unha fuga. Outono Fotográfico de Ourense. Biblioteca Central do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, 2017.Catálogo do Outono Fotográfico de 2017 (páx. 82). Documento en PDF. Fotodiario [caderno de campo]. Outono Fotográfico de Ourense. Centro Cultural Márcos Valcárcel. Deputación de Ourense, 2015.Catálogo do Outono Fotográfico de 2015 (páx. 122). Documento en PDF. Unha cabana no lago. Galería Espacio 48. Santiago de Compostela, 2009. Oasis. Galería Espacio 48. Santiago de Compostela, 2003. Eu son o outro. (con Santi Jiménez) Galería Espacio 48. Santiago de Compostela. 2002.
Colectiva XII Concurso Nacional de Cine y I de Vídeo Amateur, Madrid, 1991. I Certame Ourense de Fotografía para a Mocidade. Sala de exposicións de Caixa Ourense, 1992. XIV Concurso Galego de Fotografía Xuventude 98. Casa da Xuventude. Ourense, 1998. Segundo premio á mellor fotografíaListaxe de premiados no sitio web de Outono Fotográfico. Ourense en Pé de Foto. Museo Municipal. Ourense 2000. Novos Valores 2000, Deputación de Pontevedra, 2000. Identidades feridas da arte na doenza, Fundación Laxeiro, 2001. ArtXove, Concello de Pontedeume, 2001. Territorio(s), Galería Espacio 48, 2001. V Bienal de Lalín "Pintor Laxeiro", Xunta de Galicia, 2001. VI Bienal de Lalín "Pintor Laxeiro", Xunta de Galicia, 2003. Malas Artes 03, Concellaría de Cultura de Vigo, 2003. Radicais Libres. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela, 2005. VII Bienal de Lalín "Pintor Laxeiro", Xunta de Galicia, 2005. XVI Certamen de Artes Plásticas de la UNED. Casa de Velázquez. Madrid, 2006. Entre-cruzar, Proxecto-Edición, CGAC, Santiago de Compostela, 2006. ant_art, A Nosa Terra, 2007. Vemos o que somos, somos o que vemos, Pazo de Cultura de Pontevedra, 2010. Colección Alterarte, Campus de Ourense. Sala X. Pontevedra, 2011 Afinidades Selectivas 6, Universidade de Vigo, 2013. Procesalia. Verbum, Casa da Palabras. Vigo, 2014 Colección alterarte: 10 anos, Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2015.
Premios
Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento 2019 por Indómita e a semente da inmortalidade.Álex Mene gaña o I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento , Fervenzas Literarias, 2 de abril de 2019. En 2020 gañou o 3º premio no Certame Manuel Murguía de narracións breves, coa obra A herdeira (foto de familia).
XXIV Premio de poesía Concello de Carral no 2021 por Os puntos de impacto.Álex Mene resulta gañador do Premio de Poesía de Carral, Nós Diario, 4 de maio de 2021. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Currículo de Alejandro Mene . Perfil na páxina web da Editorial Bululú.
Páxina do autor na Editorial Galaxia
Categoría:Artistas de Galicia Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega
Categoría:Nados en Vigo
Categoría:Nados en 1969