Soledad Puértolas Villanueva, nada en Zaragoza o 3 de febreiro de 1947, é unha escritora española. Desde 2010 é membro da Real Academia Española.
Traxectoria Comezou a estudar Ciencias Políticas en Madrid, pero por problemas políticos tivo que deixar os estudos. Foi a estudar Ciencias Económicas a Bilbao mais tampouco rematou a carreira, e finalmente estudou xornalismo.
Casou aos 21 anos e foise vivir co seu marido, cunha bolsa adxudicada a este, a Trondheim (Noruega). Tras a súa volta a España, con outra bolsa, trasladáronse a California onde obtivo un M.A. en Lingua e Literatura Española e Portuguesa pola Universidade de California, Santa Bárbara, e onde naceu o seu primeiro fillo, o tamén escritor Diego Pita. En 1974, ao terceiro ano de estancia en California, volveron a España.
En 1979 gañou o Premio Sésamo con El bandido doblemente armado; o Premio Planeta 1989 con Queda la noche, e o Premio Anagrama de Ensaio 1993 con La vida oculta. Foi galardoada co Premio das Letras Aragonesas no ano 2003.
O 28 de xaneiro de 2010 foi nomeada membro da Real Academia Española (cadeira "g") tras resultar elixida na terceira rolda de votacións, cubrindo a vacante do científico Antonio Colino. Tomou posesión o 21 de novembro de 2010 co discurso titulado Aliados. Los personajes secundarios del «Quijote». Respondeulle, en nome da corporación, José María Merino. Foi vogal da Xunta de Goberno da RAE (2012-2014).
Obra El Madrid de "La lucha por la vida". Madrid: Helios, 1971. Ensaio. El recorrido de los animales. Madrid: Júcar, 1975. Conto. El bandido doblemente armado. Madrid: Legasa, 1980. Novela. Premio Sésamo 1979 Una enfermedad moral. Madrid: Trieste, 1982. Contos. "A través de las ondas", conto en Doce relatos de mujeres. Navajo, Ymelda (ed.). Madrid: Alianza, 1982, pp. 165–177. Contos. Burdeos. Barcelona: Anagrama, 1986. Novela. La sombra de una noche. Madrid: Anaya, 1986. Conto. Todos mienten. Barcelona: Anagrama, 1988. Novela. Queda la noche. Barcelona: Planeta, 1989. Novela. Premio Planeta 1989 Días del Arenal. Barcelona: Planeta, 1992. Novela. La corriente del golfo. Barcelona: Anagrama, 1993. Contos. La vida oculta. Barcelona: Anagrama, 1993. Ensaio. Premio Anagrama 1993 Si al atardecer llegara el mensajero. Barcelona: Anagrama, 1995. Novela. La vida se mueve. Madrid: El País-Aguilar, 1995. Artigos. Recuerdos de otra persona. Barcelona: Anagrama, 1996. Biografía. La hija predilecta. Cuento. En: Madres e hijas. Freixas, Laura (ed.) . Barcelona: Anagrama, 1996. Contos. Una vida inesperada. Barcelona: Anagrama, 1997. Novela. "Rosa Chacel". Ensaio. En: Retratos literarios: Escritores españoles del siglo XX evocados por sus contemporáneos . Freixas, Laura (ed.) . Madrid: Espasa Calpe, 1997, pp. 181–182. Gente que vino a mi boda. Barcelona: Anagrama, 1998. Contos. "El cuarto secreto", conto en Relatos para un fin de milenio. Barcelona: Plaza y Janés, 1998, pp. 15–26 "El inventor del tetrabrik", conto en Vidas de mujer. Monmany, Mercedes (ed.) . Madrid: Alianza, 1998, pp. 131–143. Contos. La señora Berg. Barcelona: Anagrama, 1999. Novela. La rosa de plata. Madrid: Espasa Calpe, 1999. Novela. "Un poeta en la piscina", conto en Cuentos solidarios. Madrid: ONCE, 1999, pp. 13–15. "La carta desde el refugio", conto en Mujeres al alba. Madrid: Alfaguara, 1999, pp. 133–136. Adiós a las novias. Barcelona: Anagrama, 2000. Contos. Con mi madre. Barcelona: Anagrama, 2001 Pisando jardines. Cuento. En: Orosia: Mujeres de sol a sol . Jaca: Pirineum Multimedia, 2002, pp. 159–164. Contos. "Ausencia", conto en Mujeres en ruta, 2005, pp. 41–47. Contos. Historia de un abrigo. Barcelona: Anagrama, 2005. Novela. Cielo nocturno. Barcelona: Anagrama, 2008. Novela. "Masajes", conto en Cuentos de amigas. Laura Freixas (ed.). Anagrama, 2009. Relatos Compañeras de viaje. Barcelona. Anagrama, 2010. Contos. Mi amor en vano. Barcelona: Anagrama, 2012. Novela. El fin. Barcelona. Anagrama, 2015. Contos. Chicos y chicas. Barcelona: Anagrama, 2016. Contos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Espazo de Soledad Puértolas na páxina web de Escritoras.com Discurso de ingreso na RAE Toma de posesión (vídeo): Aliados. Los personajes secundarios del «Quijote», 21 de novembro de 2010 Páxina da autora
Categoría:Académicos da Real Academia Española Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Aragón Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Nados en 1947