Sitta solangiae é unha especie de ave paseriforme da familia Sittidae cun característico peteiro amarelo.
Distribución e hábitat Esta especie é nativa de Vietnam, Laos e o sueste da China.
O seu hábitat natural son os bosques húmidos de terras baixas tropicais ou subtropicais e os bosques de montaña húmidos tropicais ou subtropicais. Está amenzado pola destrución do seu hábitat.
Taxonomía O seu nome conmemora a princesa Solange La Rochefoucauld-Estissac, muller de Paul Murat.
Segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional e Alan P. Peterson, existen tres subespecies: S. s. solangiae (), no norte de Vietnam; S. s. fortior , no sueste de Laos, centro e sur de Vietnam; e, S. s. chienfengensis , en Hainan (no sueste da China).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitta solangiae e a súa distribución en Avibase. Ficha na UICN . Sitta solangiae (Delacour & Jabouille, 1930) en Catalogue of Life . Ficha en Animal Diversity Web . Sitta solangiae (Delacour & Jabouille, 1930) en uBio .
Categoría:Sítidos Categoría:Animais descritos en 1930