miniatura|Momia muisca no Museo do Ouro, Bogotá. Este artigo describe a práctica de momificación polos muiscas. Os muiscas eran os habitantes do Altiplano Cundiboyacense antes da chegada dos conquistadores españois. Momificaban os membros das clase sociais máis altas, principalmente os gobernantes, como os zipas, os zaques, outros caciques, sacerdotes e as súas familias. As momias eran gorecidas en covas ou casas dedicadas ("mausoleos") e non eran enterradas.

Descubríronse moitas momias de grupos indíxenas falantes de chibcha, principalmente momias muiscas, laches e guanes. En 1602, os primeiros colonizadores españois atoparon 150 momias nunha cova preto de Suesca, que estaban organizadas de xeito circular coa momia do cacique no centro do espazo. As momias estaban rodeadas por roupas e potas. No 2007, descubriuse a momia dun meniño nunha cova preto de Gámeza, Boyacá, xunto cunha pequena cunca, un chupete e roupas de algodón. Os procesos de momificación continuou durante período colonial. As momias máis recentes datan da segunda metade do século XVIII.Martínez & Martínez, 2012, p.74

Coleccións en museos As momias muiscas están en exhibición ou nas coleccións dos museos en Colombia. O Museo do Ouro (momia de Pisba, Boyacá), o Museo Arqueolóxico Casa do Marqués de San Jorge e o Museo Nacional de Bogotá teñen momias muiscas en exhibición, e as de Sativasur e Gámeza atópanse no Museo Arqueolóxico de Sogamoso. Momia - Banco da República de ColombiaOrtega Loaiza et al., 2012, p.8Martínez & Martínez, 2012, p.69Pérez Riaño, 2001, p.86Valverde, 2007, p.276 A momia atopada en Gachantivá forma parte da colección do Museo Británico de Londres.Martínez & Martínez, 2012, p.70

Notas

Véxase tamén Outros artigos Relixión muisca Bibliografía

Categoría:Pobo muisca Categoría:Momias