O baxkir (башҡорт теле, başqort tele, باشقۇرت تئلئ) é unha lingua da familia turca falada polo pobo baxkir. É cooficial xunto co ruso na República de Baxkortostán e ten preto de 1,2 millóns de falantes en Rusia. O baxkir ten tres dialectos: meridional, oriental e setentrional. O baxkir está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Falantes O censo de 1989 declaraba que había 1 047 000 falantes nativos da lingua baxkir vivindo na URSS. Outros 26.737 dicían que o baxkir era a súa segunda lingua. Aproximadamente 300.000 baxkires declararon que o tártaro era a súa lingua nativa. No censo de 2002 houbo declarados 1 379 727 falantes.

A maioría dos falantes do baxkir habitan na república rusa de Baxkortostán, así como nos veciños Tartaristán e Udmurtia. Un número substancial de falantes viven no Krai de Perm e en Chelyabinsk, Oremburgo, Sverdlovsk e óblast de Kurgan. Existen importantes minorías baxkires en Kazakhstán e Uzbekistán.

Alfabeto e dialectos Inda que os baxkires eran orixinariamente tribos úgricas ou finesas, adoptaron a lingua bolgar. Trala invasión mongol de Rusia, o kypchak fíxose máis habitual, xa que era o idioma falado pola maioría das tribos da Horda Dourada.

O baxkir moderno, do mesmo modo que o tártaro, que é similar, toma as súas raíces do grupo de linguas kypchak. Hoxe en día o idioma ten moitos dialectos, que son moi similares ó tártaro. No pasado, os baxkires usaban o tártaro coma lingua escrita. No século XV substituíuno o Chagatay (porén, segundo algúns historiadores, foino pola variedade tártara antiga do Chagatay), que se utilizou ata 1923. Tanto o tártaro coma o chatay usaban a escritura árabe.

En 1923, creouse un sistema escrito para a lingua baxkir. Tamén se creou unha linguaxe literaria propia. Ó principio utilizouse un alfabeto árabe modificado. En 1930 foi substituído por un alfabeto baseado no latino e este á súa vez por outro adaptado do cirílico en 1938.

O alfabeto utilizado polo baxkir é o mesmo que o alfabeto ruso, co engadido das seguintes letras: .

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en baxkir Ligazóns externas Facultade de Filoloxía baxkir da Universidade Estatal de Baxkortostán (en inglés) Lista Swadesh en Baxkir "Baxkortostan" xornal "Ural batyr" textos de cancións do folclore baxkir

Categoría:Linguas turcas Categoría:Linguas de Kazakhstán Categoría:Linguas de Rusia Categoría:Linguas de Uzbekistán Categoría:Linguas aglutinantes