A Fábrica de Tabacos da Coruña, coñecida co nome da Palloza, foi creada seguindo o modelo das Reales Fábricas como Real Fábrica de Tabacos de La Coruña. A súa arquitectura é de estilo neoclásico.
Historia miniatura|Antiga porta principal da Fábrica de Tabacos da Coruña. A Fábrica de Tabacos da Coruña constituíuse como unha manufactura real. Abriuse no ano 1804 e tiña preto de 5000 persoas traballando, das cales, a maioría eran mulleres. Durante o século XIX creáronse dez fábricas de tabacos no Estado español. A da Coruña foi a segunda en crearse e acabou sendo a máis grande. Os primeiros conflitos que se rexistran tiveron lugar en 1831 e o 7 de decembro de 1857 tivo nela a primeira folga de mulleres en Galiza polas malas condicións de traballo e pola mecanización da fábrica dentro da corrente ludita que iniciaran os artesáns ingleses. En 1999 Tabacalera fusionouse coa compañía francesa Seita dando lugar á empresa Altadis, que acordou o peche da fábrica en decembro de 2002.
Edificio miniatura|Imaxe da fachada frontal e o reloxo da antiga Fábrica de Tabacos da Coruña. miniatura|O edificio da antiga Fábrica de Tabacos no presente (visto dende atrás). A sede da fábrica ten a súa orixe nos almacéns dos Correos Marítimos instalados en 1764, adaptados como fábrica polo arquitecto Fernando Rodríguez Romay. En 1828 tivo lugar a primeira grande ampliación, coa que se creou a fábrica nova, pechada e unida coa vella en 1860. Tras varias ampliacións posteriores, entre 1910 e 1925 elimináronse algunhas estruturas interiores e reformouse a fachada da Palloza, que se converteu na principal,Rehabilitación del edificio de la Real Fábrica de Tabacos para infraestructuras judiciales en A Coruña. quedando a antiga como fachada lateral, mais conservando o cartel. En 1911 instalouse o reloxo, construído pola reloxaría Ungerer.«Lifting» al reloj de Tabacos. La Voz de Galicia. Consultado o 27 de xullo de 2020.
En 2014 comezaron as obras de remodelación para converter o edificio en sede xudicial. As novas instalacións foron inauguradas o 31 de marzo de 2017 e acollen a Audiencia Provincial da Coruña, a Fiscalía e o xulgado de menores, entre outras seccións.Tabacos abre sus puertas a la Justicia. La Voz de Galicia.
Cultura A Fábrica de Tabacos da Coruña foi o escenario de A Tribuna de Emilia Pardo Bazán.
En 2010 rodouse na fábrica, daquela sen uso, o telefilme A condesa rebelde, sobre a vida de Emilia Pardo Bazán.De edificio emblemático a ruinoso. La Opinión A Coruña.Homenaje audiovisual a la escritora gallega más transgresora. El Mundo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:A Coruña Categoría:Industria de Galicia Categoría:Tabaco Categoría:Fábricas