María Dolores Seijas Soto (Lugo) é unha escritora galega en lingua castelá.

Biografía Nada en Lugo e funcionaria da Deputación Provincial, publicou o seu primeiro libro, El maestro de Zaín, no ano 2009. O libro fala sobre o seu avó, Luis Soto Menor, inspector xefe de primeiro ensino en Lugo, o cal acaba sendo apartado das súas funcións coa chegada do franquismo. No ano 2017 publica a súa segunda novela, Requiem. A orixe desta novela está nunha viaxe que a autora realiza a Polonia, onde comenza a interesarse sobre a súa historia, particularmente na matanza de Jedwabne, localidade ao sur do país onde o 10 de xuño de 1941 foron asasinados 1 680 xudeus. No ano 2024 publicou a súa terceira novela da man da editorial Mirahadas. Nesta novela fai unha incursión polo mundo da pintura e o exotismo de Papúa-Nova Guinea.

Obras Novelas El maestro de Zaín (Libertarias, 2009) Réquiem (Punto Rojo, 2017) Nauru (Mirahadas, 2024)

Notas

Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes