Ivan Quintans, nado o 15 de outubro de 1989 en Schaan, é un futbolista de Liechtenstein que xoga de lateral esquerdo no FC Buchs de Suíza.
Traxectoria Naceu en Schaan, localidade de Liechtenstein, sendo fillo dun galego de Olveiroa, Dumbría, e dunha croata.Iván Quintáns: "Me gustaría jugar fuera, pero en Galicia es complicado"
Criouse futbolisticamente na canteira do FC Vaduz, pasando logo ao FC Schaan, co que debutou como sénior. Despois de tres anos nese equipo pasou polo USV Eschen/Mauren, antes de chegar en 2011 ao FC Balzers, onde militou ata 2016. Despois dun breve período xogando no Chur 97 regresou nese mesmo 2016 ao USV Eschen/Mauren, onde xogou ata 2020, cando fichou polo FC Buchs.
Selección nacional Foi internacional coa selección de fútbol de Liechtenstein en 31 ocasións. Fixo o seu debut co equipo nacional nun amigábel contra Hungría o 11 de novembro de 2011 e disputou o seu último encontro internacional sete anos e oito días despois, nun partido da Liga das Nacións da UEFA contra Armenia.
Notas
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Liechtenstein Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Xogadores do FC Vaduz Categoría:Futbolistas de Liechtenstein Categoría:Liechtensteineses de ascendencia galega Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Liechtenstein