Salustiano Vidal Lores, nado en Fefiñáns (Cambados) o 4 de febreiro de 1850 e finado no mesmo concello o 8 de xuño de 1930, foi un político galego.
Traxectoria
Fillo de Juan Vidal Fraga e Mercedes Lores Berta. Emigrou moi novo a Arxentina onde amansou un considerábel capital. Retornou a Galicia cara a 1885 e mercou o pazo de Caticovas en Nogueira e unha casa na vila de Cambados. Foi administrador dos Marqueses de Santa María del Villar. Foi alcalde de Cambados por Real Orde en xullo de 1895,El Diario de Galicia, 2-7-1895, p. 1. e volveu ser nomeado alcalde por Real Orde en xuño de 1897,El Áncora, 21-6-1897, p. 2. e novamente en xullo de 1899.Gaceta de Galicia, 2-7-1909, p. 2. En 1909 foi elixido alcalde de Meis.Galicia Nueva, 11-7-1909, p. 3. Tivo a oposición dos agrarios encabezados por Ramón Salgado Pérez que o acusaron de actividades caciquís. Coa chegada da ditadura de Primo de Rivera cesou no cargo.
Vida persoal Casou en primeiras nupcias con Matilde Oubiñas Preciado na Arxentina, e foi pai de Salustiano e Pío Vidal Oubiñas, que finou en 1909 con 22 anos.Gaceta de Galicia, 26-2-1909, p. 1. Logo de enviuvar en 1895 volveu casar en 1900 con Encarnación Fraga Padín, filla de Eugenio Fraga Mascató, e foi pai de Carmelo Antonio e Juan Eugenio Vidal Fraga.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Salustiano Vidal Lores
Categoría:Avogados de Cambados
Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Alcaldes de Cambados Categoría:Alcaldes de Meis
Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1850 Categoría:Finados en 1930
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos