Emilio Álvarez González, nado en Trasar de Carballo (Cartelos, Carballedo) o 12 de xaneiro de 1954 (el contaba que nacera en setembro de 1953, pero non o rexistraran ata esa data)Data facilitada pola filla, Noemi e finado en Ourense o 7 de novembro de 2008, foi un poeta galego.

Traxectoria

miniatura|Peto de ánimas de Trasar fronte á casa do Grande na que naceu o poeta.

Estudou no Seminario Menor de Lugo, rematou o bacharelato superior e fixo estudos de maxisterio. Exerceu de comercial en Ourense. Emilio Álvarez foi un poeta autodidacta, un poeta do pobo, da lareira, que escribía os poemas nun pequeno caderno mentes gardaba as vacas da casa do Grande de Trasar no prado dos Currás. Comezou escribindo en castelán, a lingua na que foi alfabetizado, e co paso do tempo e as lecturas volveu á súa lingua materna, o galego.

A súa primeira obra é en castelán: Caminos al atardecer (1974). Está dedicado A mis padres y hermanos: “Que vivir es ir más allá de nuestro ser y relacionarnos con los demás seres”. Son corenta e tres poemas e tres textos en prosa de diferente temática e lonxitude. Algún chega ás tres páxinas, outros son máis sinxelos:

A rima está presente en moitos. Predomina o versolibrismo, a ausencia de estrofa.

O segundo libro poético é en galego: Albas de primaveira (1981). Son 48 poemas numerados. O 36 está dedicado a súa nai, a señora María do Grande:

O 37 ao seu avó:

E remata o libro no poema 47:

miniatura|Libretiña na que anotaba as poesías mentres andaba coas vacas no prado dos Currás

Obras Caminos al atardecer (1974). Lugo: Imprenta-Editorial Celta. ISBN 978-84-7044-064-0. Albas da primaveira. Poemas (1981). Lugo: R.A. Dep. L., ISBN 978-84-7492-076-0.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Carballedo Categoría:Nados en 1954 Categoría:Finados en 2008