Este artigo trata sobre o códice miniado coñecido en latín como Liber Sancti Jacobi ou Codex Calixtinus, para o libro de poemas de Luz Pozo Garza véxase Códice Calixtino. miniatura|Pendón de Santiago no Liber Sancti Iacobi. O códice miniado, coñecido en latín como Liber Sancti Jacobi ou Codex Calixtinus e en galego como Libro de Santiago ou, máis comunmente, como Códice Calixtino, é un conxunto de textos reunidos en Santiago de Compostela nos anos finais do arcebispado de Diego Xelmírez e que se presentaba como da autoría do papa Calisto II. É o libro referencial do mundo xacobeo e o máis antigo centrado exclusivamente nesta temática.

O exemplar máis antigo, datado entre 1150 e 1160, consérvase na catedral de Santiago de Compostela e é unha copia dun exemplar modelo. A copia que realizou o monxe Arnaldo de Monte en 1173 coñécese como manuscrito de Ripoll e consérvase no presente en Barcelona.

Parte do manuscrito traduciuse ao galego no primeiro terzo do século XV, coñecido como Miragres de Santiago, recolle partes da Historia Karoli e da Guía do Peregrino. En 2010 publicouse a primeira tradución íntegra ó galego, da man de Xosé López Díaz, editada por Xosé Fernández Puga, director dA Nosa Terra e ilustrada por Francisco Leiro, se ben xa se realizaran outras traducións parciais do libro anteriormente, como a editada pola editorial Xerais co gallo do Xacobeo do ano 1993 e que consistía nunha tradución ao galego do Libro V e se ocupaba da parte referida á peregrinación e da cal se lanzaron dúas edicións, mais foi descatalogada no 2008 pola editorial.Un libro con máis éxito na historia que nas librerías en La Voz de Galicia

O Códice Calixtino imprimiuse por vez primeira en 1882, nunha edición feita por Fidel Pita. Após o alzamento militar de 1936, as láminas das súas miniaturas foron salvadas da destrución polo eclesiástico Xesús Carro quen, empregando a súa sotana como salvoconduto, conseguiu trasladadas desde a imprenta do Seminario de Estudos Galegos a un lugar seguro. O códice foi restaurado en 1966 e volvéuselle engadir o Libro IV que estaba fóra do manuscrito dende 1609.

O exemplar máis vello foi roubado da catedral de Santiago de Compostela en xullo de 2011. O martes, día 5 de xullo foi cando os responsables do libro se decataron da súa falta. Foi recuperado un ano despois en bo estado de conservación.

Autoría O Codex Calixtinus''' recibe o seu nome da presunta autoría do papa Calisto II, finado en 1124, e que foi o maior benfeitor pontificio do santuario compostelán. Con todo descoñécese ata que punto estivo implicado na creación destes cultos, aínda que se considera moi improbable que compilara todos os textos e compuxera a súa música. mais no presente pénsase que foi realizado polo francés Aimerico Picaud, se ben coñécese que na súa elaboración interviñeron polo menos catro copistas (dous deles moi similares), o seu principal autor é coñecido como Scriptor I.

A crenza de que foi o propio papa Calisto II o autor do Códice vén da chamada Carta do papa Calisto II, que constitúe o comezo do códice e que ocupa os seus dous primeiros folios, mais pénsase que esta carta foi incluída polos copistas ao principio do manuscrito para dar máis importancia ao seu traballo, quedando a intervención directa do papa (finado en 1124) practicamente descartada.

O autor da obra quixo poñela baixo un triplo padroádego, procurando que os tres patróns quedasen dalgún xeito vinculados ao manuscrito, que é unha copia moi coidada, que se fixo para ser depositado na catedral de Santiago de Compostela. Os tres padróns que se mencionan son: o papa Calisto II, que sinala varias pezas como da súa autoría; o arcebispo compostelán Diego Xelmírez, probable promotor desta e moitas outras obras compostelás; e o patriarca Guillerme de Xerusalén. Engádese finalmente o recoñecemento de Cluny, o gran mosteiro borgoñón, que se presenta como un dos grandes centros de difusión do manuscrito de Santiago, ao que se rende homenaxe polo que lle deben as peregrinacións a Santiago, e consecuentemente o esplendor da propia catedral de Compostela e o culto que nela se celebra.

Características 250px|miniatura|esquerda|Imaxe do folio 162v do Códice Calixtino. O códice consiste nun conxunto de textos anteriores de carácter litúrxico, histórico e haxiográfico que pretendía servir como promoción da sé apostólica de Santiago de Compostela, ideado polo arcebispo Xelmírez ou polo seu círculo próximo. Redactado entre 1130 e 1160, o Códice Calixtino está escrito en fina vitela, copiado con gran coidado e adornado con fermosas iniciais e miniaturas. Está dividido en cinco libros e componse de 225 folios a dobre cara, caracterízase pola corrección do latín empregado e cun alto valor literario. Ten unhas dimensións de 295 x 214 milímetros. Cada folio contén, en xeral, unha única columna de 34 liñas. O libro contén unha compilación de oficios, sermóns ou cantos, en honor ao Apóstolo Santiago, patrón daquela catedral, conta ademais cun importante catálogo de obras musicais de monodia e polifonía a dúas e tres voces (sendo Congaudeant Catholici a única obra a tres voces do códice, e a primeira composición a tres voces da historia da música).

Historia O Códice Calixtino é a máis antiga e a máis completa das copias feitas dun exemplar modelo e está datado de entre 1150 e 1160. O libro escribiuse por iniciativa do arcebispo Xelmírez ou do seu círculo próximo para promover a peregrinación a Compostela, onde presumibelmente repousaban os restos do Apóstolo Santiago.

Algúns investigadores consideraron que era a versión orixinal do Liber Sancti Iacobi, a partir da cal se copiaron posteriormente, de forma máis ou menos parcial, o resto dos manuscritos. Con todo, hoxe en día pénsase que existiu un manuscrito, hoxe perdido, anterior ao Calixtino ou polo menos, existían manuscritos dos libros que o compoñen, xa que a análise do códice mostra que foi copiado sabendo de antemán a extensión exacta de cada unha das súas partes. Crese que o Calixtino foi copiado en Santiago de Compostela, entre 1160 e 1170, poucos anos despois de rematada a compilación do Liber.

O Dr. López Calo sostén que os materiais que constitúen o Calixtino son anteriores á escritura do códice, aínda que inmediatamente anteriores: López Calo engade tamén:

A compilación levouse a cabo antes de 1147, no intre no que Guillerme renunciou ao seu patriarcado de Xerusalén, que o Calixtino considera aínda vixente. O Jacobus (nome que se lle deu aos dous primeiros libros -liturxia e milagres-, que nun principio constituían unha peza independente) debeu rematarse antes do 1140, momento no que desapareceu da historia o arcebispo Xelmirez. Logo destes anos procedeuse a elaborar o resto do Calixtino, pegándolle novas pezas ao Jacobus e recompoñendo e retocando algunhas das anteriores. Foi rematado en tódalas súas partes arredor do 1160. É moi probable que tódolos poemas relixiosos foran feitos arredor do 1130 e o 1140, ou moi preto deses anos.

O manuscrito orixinal constaba de 27 cadernos: o primeiro era un quinión, e o resto eran cuaterniones. Xa en época antiga se produciron trocos nalgúns cadernos que alteraron a estrutura do códice. Posteriormente, contra o século XV, perdeuse o folio 220, que orixinariamente iría en branco e pertencería ao último caderno. Tamén debeu perderse un folio, tamén en branco, que precedería ao actual folio 1. De ser isto certo, o manuscrito levaba, como era habitual, o primeiro e o último folio en branco servindo como gardas.

Máis tarde, quizais durante a encadernación realizada a finais do século XII, engadiuse á estrutura primitiva do códice un segundo apéndice: o Apéndice II, no que atopamos unha Bula de Inocencio II (cuxa autoridade é discutida), que podería datarse como moito de 1143. Ademais, o mesmo apéndice contén o milagre de Vézélay, datado en 1139. O que tanto a bula como este milagre (que se atopa fóra do Libro dos Milagres) figuren nun complemento posterior, significaría que cara a 1140 a compilación estaría xa pechada.

O libro IV foi separado do manuscrito en 1609, o que levou consigo o maltrato dos cadernos 20, 21 e 24. Ambos os volumes foron encadernados por separado por Alonso Rodríguez León. Finalmente, o libro IV foi agregado de novo durante a restauración de 1966, o que esixiu varios arranxos do manuscrito. Na mesma restauración recortáronse as follas que eran máis grandes e sobresaían do resto.

As anotacións marxinais que os canónicos de Compostela deixaron no manuscrito, demostran que o códice foi empregado e lido ininterrompidamente, polo menos, ata mediados do século XVI. Porén, parece que a principios do século XVII, o manuscrito deixou de interesar, caendo no esquecemento durante moitos anos.

Na segunda metade do século XIX, o manuscrito foi redescuberto polo canónico arquiveiro da catedral compostelá, Antonio López Ferreiro. Porén, foi dado a coñecer publicamente polo xesuíta Fidel Fita e Aureliano Fernández Guerra. En 1879, trasladáronse a Santiago nunha viaxe de estudo e peregrinación. Ao ano seguinte, en 1880, publicaron un libro acerca da súa viaxe a Santiago (Lembranzas dunha viaxe a Santiago de Galicia), dedicándolle os capítulos X e posteriores á descrición e estudo do Códice Calixtino. O libro incluía unha fotografía do himno Dum Paterfamilias e unha transcrición do seu texto, así como varios versos do himno Ad honorem Regis summi.

Furto e recuperación 250px|miniatura|Primeira páxina do Libro IV do Códice Calixtino Historia Turpini. O 5 de xullo de 2011, catro membros do persoal do arquivo da catedral de Santiago de Compostela botaron en falla a obra e denunciaron a súa desaparición ás autoridades, que comezaron a súa busca esa mesma noite e ao día seguinte, formalizando a denuncia o deán José María Díaz á tarde do día seguinte da súa desaparición. O códice foi subtraído da cámara blindada onde se atopaba xunto coas obras de máis valor do arquivo como os Tombos da catedral ou o Breviario de Miranda do século XV. As investigacións revelaron que o furto se producira na semana anterior, despois do xoves ou o venres, cando foi visto por última vez. A hipótese que cobra máis forza é a de que o furto foi realizado por unha banda organizada que actuou por encargo dun coleccionista multimillonario, se ben as autoridades policiais manexan outras moitas, tamén hai sospeitas de que os ladróns puideran ter permanecido agochados na catedral tralo peche da mesma, sabendo que as medidas de vixilancia se relaxaban moito logo do seu peche "Sospechan que los ladrones del Códice "durmieron" en la Catedral" , artigo en El Correo Gallego, 9 de xullo de 2011 . o certo é que todo indica a que os ladróns actuaron sen dificultade, ao non haber ningún dano nas dependencias nas que se encontraba e coñecían o valor da obra, xa que non se levaron ningún outro documento importante dos que se encontraban xunto ao códice.A policía cre que o Códice foi roubado por encargo en La Voz de GaliciaOs expertos cren que nunha poxa o códice podería acadar os 10 millóns en La Voz de GaliciaQuen o levou sabía de que se trataba en La Voz de GaliciaLamentos por la desaparición de una pieza clave para Galicia en La Voz de GaliciaAlgo fallou en La Voz de GaliciaEspecialistas de la Policía buscan pistas sobre el Códice en La Opinión de A CoruñaFalta de obstáculos en la entrada y salas sin vigilantes en el Museo en El Correo Gallego