A LNFA 1995 foi a primeira edición da Liga Nacional de Fútbol Americano. Creada pola nova Agrupación Española de Fútbol Americano (AEFA), a nova competición resolveu o problema de ter dúas competicións paralelas, a Supercopa que organizaba a federación catalá (LCFA) dende 1989 e a American Football League (AFL) organizada pola axencia de eventos deportivos Unipublic dende 1991. Os primeiros clubs españois de fútbol americano naceron en Cataluña en 1988, sendo os Badalona Dracs os decanos deste deporte en España. En 1991 foi creada a World League of American Football, posteriormente chamada NFL Europe, que era unha liga de primavera para xogadores que estaban a proba polos equipos profesionais norteamericanos. Unha das franquías creadas para disputar esta competición foi o equipo dos Barcelona Dragons, que puxeron de moda este deporte en España nos anos 90. Neste contexto a nova competición nacional contou con 18 equipos participantes na súa primeira edición, nove deles que viñan da Supercopa catalá e outros nove que viñan da AFL.Llega la liga de todos, artigo no Mundo Deportivo.

O torneo contou con dúas fases, a fase de liga regular e a fase de eliminatorias.

Liga regular Os 18 equipos participantes quedaron divididos en dous grupos ou conferencias, denominadas Conferencia Nacional (cos 9 equipos que viñan da AFL) e Conferencia Española (cos 9 equipos que viñan da Supercopa).

Conferencia Nacional Bats (Valencia) Camioneros (Coslada) Eagles (Vilafranca) Knights (Bilbao) Lions (Zaragoza) Osos (Madrid) Panteras (Madrid) Tifons (Maestrat) Toros (Madrid)

Conferencia Española Boxers (Barcelona) Bufals (Barcelona) Drags (Badalona) Howlers (Barcelona) Pioners (Hospitalet) Stormers (Castellón) Taurons (Barcelona) Voltors (Palma de Mallorca) Warriors (Barcelona)

A liga regular comezou o 14 de febreiro de 1995 e estivo formada por dez xornadas nas que cada equipo disputou nove encontros e tivo unha xornada de descanso. Conferencia NacionalEquipoVitoriasDerrotasEmpates Panteras ||8||1||0 ||rowspan=2|Playoffs polo título/Cuartos de final |- style="background:#cfc;" |align=left| Eagles 711 Lions ||6||2||1||rowspan=4|Playoffs polo título/Wildcard |- style="background:#D0E7FF;" |align=left| Osos 540 Camioneros ||4||5||0 |- style="background:#D0E7FF;" |align=left| Bats 450 Knights ||3||6||0 |- |align=left| Toros 360 '''Tifons 090

Conferencia EspañolaEquipoVitoriasDerrotasEmpates Boxers ||9||0||0||rowspan=2|Playoffs polo título/Cuartos de final |- style="background:#cfc;" |align=left| Pioners 810 Howlers ||6||3||0||rowspan=4|Playoffs polo título/Wildcard |- style="background:#D0E7FF;" |align=left| Drags 540 Búfals ||4||5||0 |- style="background:#D0E7FF;" |align=left| Voltors 450 Warriors ||3||6||0 |- |align=left| Stormers 180 '''Taurons 090

Eliminatorias Wildcards (8/9 de abril) Lions 35-12 Voltors Howlers 58-16 Bats Osos 38-31 Bufals Drags 12-6 Camioneros Cuartos de final (22/23 de abril) Pioners 34-39 Lions Boxers 31-12 Osos Panteras 61-0 Drags Eagles 20-30 Howlers Semifinais (29/30 de maio) Boxers 20-14 Howlers Panteras 51-12 Lions Final (14 de maio) Panteras 55-13 Boxers

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Outros artigos

1995 Categoría:Deporte en 1995