Patricia Arias Chachero, nada en Ponferrada o 6 de outubro de 1972, é unha profesora, filóloga galega.

Traxectoria Estudou a licenciatura de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1995 e 1998 foi bolseira da Fundación Otero Pedrayo, autor da que é especialista. Foi secretaria da Fundación entre 2015 e maio de 2017. No 2020 asume de novo a secretaría da entidade.

Entre 2007 e 2008 formou parte do consello de redacción de Longalingua. Revista Galega de Lingua e Sociedade, da Mesa pola Normalización Lingüística. Desde 2011 forma parte do consello de redacción de Andaina. Revista Galega de Pensamento Feminista. Desde 2019 forma parte do consello de administración da Editorial Galaxia. Ten colaborado en publicacións como Grial, A Nosa Terra, Madrygal, Barbantia ou a revista dixital Cómaros verdes.

É catedrática de Lingua e Literatura galega no IES A Pontepedriña de Santiago de Compostela. Con anterioridade impartiu docencia no IES de Brión, no IES As Bizocas do Grove e no IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa.

Obra Vida e obra de María Mariño (Ed. Galaxia, 2007) Lingua e Literatura galega. 1º de bacharelato (Ed. Galaxia, 2008; con Mercedes Álvarez, Xesús Román Laiño e Antón Riveiro Coello) Lingua e Literatura galega. 2º de bacharelato (Ed. Galaxia, 2009; con Serafín Alonso Pazos, Mercedes Álvarez, Manuel Forcadela e María Xesús Nogueira) Mecas. A memoria das mulleres (Imagraf, 2009; coordinadora) Mecos. A memoria dos homes (Imagraf, 2010; coordinadora) As colareiras do Grove (Todogrove Edicións, 2010; con Antón Mascato) Trasalba, terra literaria. Unha viaxa a través da obra de ROP (Ed. Galaxia, 2011) Na casa grande de don Ramón (Ed. Galaxia, 2011; caderno de exercicios) Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (Ed. Galaxia, 2017; con Afonso Vázquez-Monxardín) Dicionario dos alcumes do Grove (Nova Galicia Edicións, 2011; con Arximiro Fernández Cabanelas, Rosabel Magdalena e Antón Mascato. Talasonimia do Grove (Difusora de Letras e Ideas, 2013; coordinadora) Aquilino Iglesia Alvariño en Vilagarcía de Arousa como poeta e incitador literario (concello de Vilagarcía de Arousa, 2017; con epílogo de Xesús Alonso Montero)

Editora María Mariño. Antoloxía poética (Galaxia, 2007) Eça de Queirós: O Mandarim (Candeia Editora, 2008; xunto a Xosé Manuel Sarille) Ramón Otero Pedrayo: Cartas á nai (1905-1950) (Galaxia, 2007; xunto a Mónica Pazos Martínez) Ramón Otero Pedrayo: Cartas á nai (1951-1956) (Galaxia, 2007; xunto a Mónica Pazos Martínez) Primitivo Rodríguez Sanjurjo y su epistolario con Otero Pedrayo (Deputación de Ourense, 2015; con Afonso Vázquez Monxardín) Polos camiños das horas: Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo (2020). Henrique Monteagudo, coordinador. Patricia Arias Chachero, Nélida Cosme Abollo, Adrián Estévez Iglesias, editores. RAG. 319 páxs. ISBN 978-84-17807-04-7. Ramón Otero Pedrayo: A miña amizade con Castelao e outros escritos (2026). Vigo: Galaxia. 298 páxs. ISBN 978-84-1176-586-2.

Premios Primeiro premio do Certame Literario-pedagóxico sobre a poesía de Lorenzo Varela, convocado polo Concello de Monterroso (2017)."Resultado do Certame Lorenzo Varela", na páxina web do Instituto de Estudos Ulloáns.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Ponferrada

Categoría:Nados en 1972