A Basílica da Natividade (en árabe :كَنِيسَةُ ٱلْمَهْد ; en grego: Bασιλική της Γεννήσεως ; en armenio: Սուրբ Ծննդյան տաճար; en latín: Basilica Nativitatis) é unha basílica ou igrexa localizada en Belén, na Cisxordania, Palestina. É a igrexa cristiá máis antiga que se mantén en uso.

A igrexa fora orixinalmente encargada no 327 por Constantino o Grande e a súa nai Helena sobre o sitio no que, tradicionalmente, se consideraba que era onde se localizaba o lugar de nacemento de Xesús. A Igrexa da Natividade, e a basílica orixinal do sitio, foi completada en 339 e destruída polo lume durante as revoltas samaritanas do século VI. Con emperador bizantino Xustiniano, ergueuse unha basílica nova no 565, mantendo a forma orixinal. Durante esta segunda construción, a basílica recibiu importantes engadidos como as torres coas campás. Por mor da súa particular historia cultural e xeográfica, o lugar ten unha importancia relixiosa relevante para os fieis cristiáns.

En 2012 todo o conxunto, que inclúe a basílica xunto coa gruta e a igrexa de Santa Catarina e os mosteiros, recibiu da UNESCO o título de Sitio de Patrimonio Mundial, e foi o primeiro en se incluír de Palestina. O lugar tamén está na lista da UNESCO de Patrimonio Mundial en perigo.

Hoxe está baixo o statu quo de lugares de Terra Santa, un antigo acordo entre comunidades relixiosas de hai máis duns 250 anos e que se segue aplicando.

Historicidade do lugar do nacemento de Xesús O lugar santo, coñecido como a Gruta, sobre o que se asenta a Igrexa da Natividade, está asociado coa cova na que se cre que naceu Xesús de Nazaret, e que é máis coñecido como portal de Belén.

Segundo o Evanxeo de Lucas, Lucas 2,8-20 Xesús naceu en Belén nunha corte porque seus pais no podían atopar un lugar axeitado no καταλυματι (kataluma : "apousento alto, sala de estar"), un termo que se pode traducir como "pousada" ou "hostal" pero que probablemente se refire á cámara para os anfitrións, o que suxeriría que a Sagrada Familia aloxábase cos seus familiares. O Evanxeo de Mateu di que os Reis Magos adoraban ao neno en Belén, nun oikós ("Domicilio", domus da Vulgata).Mateu 2,11

O lendario tema de dar a luz nunha cova fóra da cidade, é unha tradición desenvolvida posteriormente, no século II. Aparece primeiro no Diálogo con Trifón, escrito sobre o 160 polo apoloxista cristián Xustino de Nublus, e despois no Protoevanxeo de SantiagoTeyssier d'Orfeuil (1999), p.51. A historia do nacemento non debe lerse literalmente, senón que pertence ao rexistro literario da teoloxía marabillosa e metafórica. de feito, as historias da infancia de Xesús, escritas por Mateu e por Lucas "presentan moitos problemas literarios e históricos (...) revelando marabillas ao xeito dos relatos infantís do mundo xudeu-helenístico".

En canto á cidade onde naceu Xesús, os historiadores debátense entre a casa familiar de Nazaret onde pasará toda a súa mocidade, a vila de Cafarnaún que aparece nos Evanxeos como o centro da súa misión ou o pobo de Chorazim (hoxe desaparecido) ó que Cristo está especialmente apegado. Os exéxetas ven nas historias de Lucas e Mateu, colocando ámbolos dous o nacemento de Cristo en Belén de Xudea, máis un relato teolóxico ca histórico pois pretendían amosar que Belén era a cidade de David, rei da liñaxe da que debía ser o Mesías esperado polos xudeus, segundo a profecía de Miqueas.Profecía de Miqueas sobre o nacemento do Mesías en Belén (Mi 5:2-4) (en francés)

Evolución

Lugar sagrado (c. 4/6–327) Hai discrepancias sobre o lugar, pois algúns autores afirman que no século I o emperador Hadriano destruíra a cidade de Belén e convertera o lugar de culto cristián nun espazo adicado ao culto de Adonis, o deus grego da beleza e o desexo; e que o propio san Xerome, que vivira os seus últimos 35 anos a carón da cova antes de morrer no 420, afirmara que a cova santa fora consagrada polos pagáns ao culto de Adonis e que plantaran un bosque sagrado para borrar o recordo de Xesús. Pola contra, outros refutan eses argumentos e insisten en que o culto de Adonis-Tammuz orixinou o santuario e que foran os cristiáns os que o reformaran substituíndo o culto anterior pola adoración de Xesús.

A antigüidade da asociación do sitio co nacemento de Xesús está testemuñado polo apoloxista cristián Xustino Mártir (c. 100 – 165), quen anotou no seu Diálogo con Trypho que a Familia Santa reunírase nunha cova fóra da cidade: Ademais, o filósofo grego Oríxenes de Alexandría (185 – c. 254) escribiu:

Século IV: basílica de Constantino (327–c. 529/556) A primeira basílica neste sitio fora empezada por Santa Helena, a nai do emperador Constantino I, baixo a supervisión do bispo Makarios de Xerusalén. A construción principiou no 327 e rematouse no 333. A construción desta igrexa temperá foi levada a cabo como parte dun proxecto máis grande que seguía o Primeiro Concilio de Nicea, durante o reinado de Constantino, para reconstruír os sitios supostos da vida de Xesús. O deseño da basílica era unha planta centrada ao redor de tres importantes seccións arquitectónicas: unha rotonda octogonal sobre a área onde Xesús de Nazaret naceu; unha segunda, formada por un atrio de 45 m × 28 m; e unha terceira, un patio dianteiro de dobre ala de (29 m × 28 m). Helena consagrou a basílica o 31 de maio de 339.

Século VI: basílica de Xustiniano (565) A estrutura fora incendiada e quedara destruída durante as revoltas samaritanas contra o imperio bizantino que se produciron no 529 e, de novo, no 556, durante a cal os xudeus uníranse aos samaritanos.Shomali, Qustandi. Church of the Nativity: History and Structure (en inglés) A basílica actual foi reconstruída na súa forma actual no 565 polo emperador bizantino Xustiniano I, que decide alongar as naves en detrimento do atrio e modifica a cabeceira octogonal orixinal.Planta da basílica de Xustiniano superposta sobre a de Constantino en Bargil Pixner (2010). Paths of the Messiah and Sites of the Early Church from Galilee to Jerusalem. San Francisco: Ignatius Press. ISBN 978-0-89870-865-3 P.14. (Para ver en liña: Google Books) As modificacións de Xustiniano débense a un novo tipo de liturxia e soamente están testemuñados por Eutiquios de Alexandría. Porén sábese que, nesta época, a basílica de Belén tamén tiña a advocación de Santa María, pois tralo Concilio de Éfeso (431), que proclama o dogma do Theotokos,Vincent, Louis-Hugues; Abel, Félix-Marie (1914), p. 126. a virxe provoca unha nova veneración.

Cando os persas de Cosroes II invadiron o territorio no 614, respectaron a basílica. Segundo a lenda, o seu comandante Shahrbaraz conmoveuse ao ver dentro da igrexa unha representación dos Reis magos vestidos segundo a moda persa, e ordenou que se salvara o edificio. Unha segunda lenda afirma que a igrexa fora salvada polos musulmáns que dominaban a rexión. Mentres un decreto do califa fatimí al-Hakim, o "califa tolo", ordenaba a destrución de igrexas e sinagogas, a igrexa da Natividade foi preservada polos musulmáns que obtiveron o dereito a practica-la súa relixión no cruceiro sur trala toma de Belén polo califa Umar no 634. En realidade o clero do santuario e os cristiáns do país houberon pagar grandes cantidades de cartos aos musulmáns para conserva-la basílica.Vincent, Louis-Hugues; Abel, Félix-Marie (1914),p. 139

Séculos XI e XII: adicións e restauración (c. 1050–1244) Durante o Reino latino de Xerusalén, con permiso e a axuda do emperador bizantino, os cruzados fixeron adicións e reparacións do edificio. Foi especialmente fortificada para protexela das incursións das tribos nómades do deserto, dos sucesivos invasores ou de monxes fanáticos, até chegar aos 12.000 metros cadrados, o que lle dá o aspecto macizo e rotundo que presenta hoxe en día. En 1099, o cabaleiro Tancredo converteu a Belén nun feudo normando que o Papa converteu en bispado en 1100.Vincent, Louis-Hugues; Abel, Félix-Marie (1914), p. 183-187.

Ata 1131, foi usada como a principal igrexa de coroación para os reis cruzados, e alí foi coroado o primeiro Rei de Xerusalén. Durante este tempo, tamén se levou a cabo unha intensa decoración nos xardíns. Este proceso de decoración e restauración tivo lugar ata 1169.

A cidade foi tomada por Saladino no 1187, reconquistada despois polos cruzados e, finalmente, recuperada polos mamelucos de Exipto no século XIII. Trala profanación da igrexa que levaron a cabo en abril de 1244, a teitume da igrexa estaba en malas condicións.

A Orde Franciscana enviou misións a Terra Santa no XIII, e unha destas misións estableceuse de xeito permanente en Belén dende 1347, ano no que o sultán concédelles a custodia da cova e o dereito de gozar da basílica e levar a cabo o seu mantemento. miniatura|A basílica e a contorna descritos nun traballo publicado en 1487 Século XV: restauración do teito (1448–1480) A igrexa atopábase en tan mal estado que o monxe Félix Fabri, de peregrinación por Terra Santa na segunda metade do XV, comparouna cunha "corte".Teyssier d'Orfeuil (1999), p. 109 En agosto de 1448, o Duque de Borgoña ofreceu recursos para os traballos, mais non foi ata 1480 que se puido pór en marcha o proxecto de reconstrución e renovación dos teitos da igrexa. Varios estados participaron nesta restauración perfectamente documentada: Filipe o Bo, duque de Borgoña pagou, finalmente, as obras; a república de Venecia subministrou a madeira e mailos carpinteiros e Eduardo IV de Inglaterra doou o chumbo para o teito.

Século XIX: danos, conflito e administración (1834–1869) esquerda|miniatura|O interior da gruta. Pintura de 1833. Porén, en 2013, os conservadores tamén atoparon probas de reparacións máis recentes: da década de 1670 por carpinteiros gregos e por traballadores do Imperio Otomán tralo sismo de 1834.

Baixo o dominio musulmán e até o século XIX, a basílica sufriu unha forte decadencia, igual que a cidade. O fume das candea e das lámpadas de aceite, alteraron os mosaicos ao longo dos séculos e a igrexa houbo sufrir varias restauracións.Vincent, Louis-Hugues; Abel, Félix-Marie (1914), p. 191 Estas, ás veces, eran permitidas mais a igrexa non era inmune aos danos e ao saqueo. Así, entre 1834 e 1837, os terremotos causaron un gran dano á igrexa. O terremoto inicial, en 1834, avariou a torre de campá da igrexa, o mobiliario da cova na que se construíra a igrexa e outras partes da súa estrutura; igualmente, houbo danos menores por unha xeira de fortes réplicas en 1836 e polo terremoto de Galilea de 1837 e por un incendio en 1839.

Contra 1846, a igrexa e a contorna atopábanse en moi mal estado e facilitaban o saqueo. Gran parte dos solos de mármore do interior foran saqueados na primeira metade do XIX, e outros foron reutilizados en diversos edificios da rexións, incluído o Templo do Monte en Xerusalén.

Outro problema foi o crecente control da Igrexa Ortodoxa grega sobrea a administración da basílica, que provocou a sinatura dun tratado en 1842 cando se obtivo permiso do sultán para dirixir a restauración do edificio: o solos de mármore saqueados quedaron cubertos con grandes lousas de pedraVincent, Louis-Hugues; Abel, Félix-Marie (1914), p.203, e cóbrense as paredes de mosaicos dos cruzados; e, finalmente, en 1847, a estrela de prata, que se exhibira sobre a Gruta e de grande importancia relixiosa, foi roubada e os relixiosos latinos atribuíron o feito aos gregos ortodoxos.