Annette Mary Budgett Meakin, nada en Bristol o 12 de agosto de 1867Certificado de nacemento nos papeis da Biblioteca Bodleian, volume 1 páx. 19. e finada en Chipping Ongar (Essex) o 26 de xullo de 1959, foi unha escritora inglesa de libros de viaxes, autora de Galicia, a Suíza de España (1909).
Traxectoria Foi filla de Edward Ebenezer Meakin e Sarah Budgett. O seu pai traballaba nunha plantación de té en Almora, na India.Fryer, S. E. (2004): ‘Meakin, James Edward Budgett (1866–1906)’, rev. Mark Pottle, Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press. Foi á escola en Inglaterra e Alemaña. Estudou música no Royal College of Music de Kensington e no Stern Conservatoire de Berlín, e estivo na University College London.Obituario en The Times, 11 de agosto de 1959. Durante a primeira guerra mundial traballou como asistente de química.
Ela e a súa nai foron as primeiras mulleres inglesas en viaxar ao Xapón no ferrocarril Transiberiano. Saíron de Londres en xaneiro de 1900 e chegaron a Rusia o 21 de maio logo de parar un tempo en París. Escribiu un texto sobre a viaxe, publicado ao ano seguinte. No libro, A Ribbon of Iron, relata tamén as súas paradas en Omsk, Tomsk, Krasnoyarsk e unha ruta polo río Ienisei, que desemboca no océano Ártico. A obra aparece citada con frecuencia no libro de Harmon Tupper To the Great Ocean - Siberia and the Trans-Siberian Railway (1965).
O 12 de xaneiro de 1907, chegou ao porto da Coruña dende Southampton, nunha viaxe que daría como froito o libro Galicia, The Switzerland of Spain (1909). Publicado en galego (Galicia, a Suíza de España) por Rinoceronte Editora no ano 2023, en tradución de Alberto Álvarez Lugrís.Rinoceronte Editora
En 1921 demandou por plaxio á autora Catherine Gasquoine Hartley, quen en 1912 publicara The Story of Santiago de Compostela. O texto tiña moitas similitudes co libro de Meakin Galicia, the Switzerland of Spain (1909). Como parte do acordo, o libro de Hartley foi retirado das bibliotecas.
A autora doou os seus fondos á Bodleian Library, da Universidade de OxfordAnnette Mary Meakin, National Archives.
Obra miniatura|page=9|Galicia, The Switzerland of Spain. A Ribbon Of Iron (1901). In Russian Turkestan: A Garden of Asia (1903). Russia Travels and Studies (1906). Woman In Transition (1907). Galicia, The Switzerland Of Spain (1909). Hai dúas versións en galego: Galicia inédita. Diario de viaxe de Annette Meakin (1994), Editorial Tambre. Tradución de Rebeca Quintáns López. Galicia, a Suíza de España (2023), Rinoceronte Editora. Tradución de Alberto Álvarez Lugrís. Hannah More (1911). What America Is Doing, Letters From The New World (1911). Enlistment Or Conscription? (1914). Nausikaa (1926/1938). Polyeuctes (1929). Goethe and Schiller: 1785-1805 The Story of a Friendship (1932, 3 volumes).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Literatura de viaxes Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1867 Categoría:Nados en Bristol Categoría:Finados en 1959 Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Personalidades sen imaxes