If These Trees Could Talk é unha banda estadounidense de post-rock instrumental procedente de Akron, Ohio. O grupo autoeditou o seu EP de estrea, If These Trees Could Talk, no ano 2006. O selo independente The Mylene Sheath re-editouno en vinilo no ano seguinte e tamén publicou o seu primeiro álbum, Above the Earth, Below the Sky, en 2009. A banda autoeditou o seu segundo álbum, Red Forest, en marzo de 2012, que foi publicado en vinilo por Science of Silence Records. Tras o seu lanzamento realizaron unha xira promocional por Europa durante o mes seguinte. A banda publicou o seu terceiro álbum, The Bones of a Dying World, en xuño de 2016 a través de Metal Blade Records.
Discografía Álbum Ano Selo Above the Earth, Below the Sky 2009 The Mylene Sheath Red Forest 2012 autoeditado The Bones of a Dying World 2016 Metal Blade Records
EPs Álbum Ano Selo If These Trees Could Talk 2006 The Mylene Sheath
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Notas
Categoría:Grupos musicais de Akron, Ohio Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais de post-metal Categoría:Grupos musicais formados en 2005