O Gran Premio do Brasil de 1993 (oficialmente o XXII Grande Prêmio do Brasil) foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 28 de marzo de 1993 no circuíto de Interlagos de São Paulo. Foi a segunda carreira da tempada de . A carreira de 71 voltas gañouna Ayrton Senna, a súa primeira carreira da tempada, con Damon Hill ocupando o segundo lugar. Esta foi a última vitoria para un piloto do Brasil na súa carreira de casa ata que Felipe Massa gañou con Ferrari no evento de 2006.
Informe Cualificación Brasil era a carreira de casa de Senna, pero non puido facer nada para evitar que os Williams lograran a marca de 1-2 na cualificación con Prost na pole por diante de Hill. Senna foi terceiro por diante de Schumacher, Andretti e Patrese.
Carreira Ao principio, Senna adiantou a Hill, pero Andretti golpeou a Berger con ambos chocando forte na barreira de pneumáticos na 1ª curva. Ambos, xunto con Minardi de Brundle e Fabrizio Barbazza, quedaron fóra. A orde quedou: Prost, Senna, Hill, Jean Alesi, Schumacher e Lehto.
Schumacher superou a Alesi na 2ª volta, pero o seu compañeiro de equipo Patrese só durou ata a cuarta volta cando fallou a súa suspensión. Mentres que Prost acumulou unha vantaxe substancial, Senna viuse presionado por Hill, que quedou segundo na volta 11. Na volta 25, Senna recibiu unha penalización de stop & go por derribar a un backmarker baixo bandeiras amarelas e caeu detrás de Schumacher. Houbo unha chuvia torrencial, e moitos pilotos entraron a boxes para por pneumáticos de mollado, incluíndo a Senna, Schumacher e Hill, mentres que Prost mantívose con pneumáticos lisos. Varios pilotos trompearon, Ukyo Katayama e Aguri Suzuki chocaron na recta de saída na volta 27, o Footwork bloqueou parcialmente o circuíto e saíu o coche de seguridade, por segunda vez na Fórmula 1 a primeira vez foi no Gran Premio do Canadá de 1973. Fittipaldi trompeou na primeira curva na volta 30 quedando o seu auto parado no medio da pista. Coa choiva cada vez máis forte, Prost perdeu o control e, incapaz de evitar o auto de Fittipaldi, estrelouse contra el, quedando ambos fóra da carreira. Cando os restos foron limpados, o novo auto de seguridade controlou a pista, Hill lideraba diante de Senna, Schumacher (que perdera tempo durante a súa parada en boxes porque o seu auto caeuse do gato), Alesi, Johnny Herbert e Lehto. Seguidos por Alessandro Zanardi, Philippe Alliot, Mark Blundell, Derek Warwick, o novato Luca Badoer, Karl Wendlinger, Andrea de Cesaris, Érik Comas, e Michele Alboreto.
A pista comezou a secarse e todos se detiveron a por pneumáticos de seco. Johnny Herbert entrou en boxes xusto cando o safety car regresou aos boxes, e pasou ao terceiro posto debido a este cambio cedo de regreso aos slicks.
Xusto despois de para a cambiar pneumáticos, Senna pasou a Hill polo liderado e afastouse. Detrás, Schumacher e Alesi tiveron penalizacións por pasar baixo bandeiras amarelas, Schumacher caeu ao quinto e Alesi baixou ao noveno. Schumacher pasou a Blundell e logo a Herbert para tomar o terceiro posto. Senna gañou diante de Hill, Schumacher, Herbert, Blundell e Alessandro Zanardi.
Clasificación
Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza 1 2 Alain Prost Williams-Renault 1:16.809 1:15.866 — 2 0 Damon Hill Williams-Renault 1:17.856 1:16.859 +0.993 3 8 Ayrton Senna McLaren-Ford 1:18.639 1:17.697 +1.831 4 5 Michael Schumacher Benetton-Ford 1:19.061 1:17.821 +1.955 5 7 Michael Andretti McLaren-Ford 1:20.093 1:18.635 +2.769 6 6 Riccardo Patrese Benetton-Ford 1:20.388 1:19.049 +3.183 7 30 JJ Lehto Sauber 1:20.571 1:19.207 +3.341 8 29 Karl Wendlinger Sauber 1:19.230 1:19.270 +3.364 9 27 Jean Alesi Ferrari 1:19.260 1:19.549 +3.394 10 26 Mark Blundell Ligier-Renault 1:20.281 1:19.296 +3.430 11 19 Philippe Alliot Larrousse-Lamborghini 1:20.057 1:19.340 +3.474 12 12 Johnny Herbert Lotus-Ford 1:19.830 1:19.435 +3.569 13 28 Gerhard Berger Ferrari 1:19.561 1:19.735 +3.695 14 14 Rubens Barrichello Jordan-Hart 1:20.999 1:19.593 +3.727 15 11 Alessandro Zanardi Lotus-Ford 1:20.891 1:19.804 +3.938 16 25 Martin Brundle Ligier-Renault 1:20.390 1:19.835 +3.969 17 20 Érik Comas Larrousse-Lamborghini 1:20.061 1:19.868 +4.002 18 9 Derek Warwick Footwork-Mugen-Honda 1:21.532 1:20.064 +4.198 19 10 Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 1:22.297 1:20.232 +4.366 20 23 Christian Fittipaldi Minardi-Ford 1:21.547 1:20.716 +4.850 21 22 Luca Badoer Lola-Ferrari 1:22.938 1:20.908 +5.042 22 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1:21.923 1:20.991 +5.125 23 4 Andrea de Cesaris Tyrrell-Yamaha 1:21.224 1:21.368 +5.358 24 24 Fabrizio Barbazza Minardi-Ford 1:22.112 1:21.228 +5.362 25 21 Michele Alboreto Lola-Ferrari 1:21.752 1:21.488 +5.622 NSC 15 Ivan Capelli Jordan-Hart 1:23.674 1:21.789 +5.923
Carreira Pos Nº Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 8 Ayrton Senna McLaren-Ford 71 1:51:15.485 3 10 2 0 Damon Hill Williams-Renault 71 +16.625 2 6 3 5 Michael Schumacher Benetton-Ford 71 +45.436 4 4 4 12 Johnny Herbert Lotus-Ford 71 +46.557 12 3 5 26 Mark Blundell Ligier-Renault 71 +52.127 10 2 6 11 Alessandro Zanardi Lotus-Ford 70 +1 volta 15 1 7 19 Philippe Alliot Larrousse-Lamborghini 70 +1 volta 11 8 27 Jean Alesi Ferrari 70 +1 volta 9 9 9 Derek Warwick Footwork-Mugen-Honda 69 +2 voltas 18 10 20 Érik Comas Larrousse-Lamborghini 69 +2 voltas 17 11 21 Michele Alboreto Lola-Ferrari 68 +3 voltas 25 12 22 Luca Badoer Lola-Ferrari 68 +3 voltas 21 Ret 29 Karl Wendlinger Sauber 61 Motor 8 Ret 30 JJ Lehto Sauber 52 Eléctrico 7 Ret 4 Andrea de Cesaris Tyrrell-Yamaha 48 Sistema combustible 23 Ret 2 Alain Prost Williams-Renault 29 Colisión/Trompo 1 Ret 23 Christian Fittipaldi Minardi-Ford 28 Colisión/Trompo 20 Ret 10 Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 27 Trompo 19 Ret 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 26 Trompo 22 Ret 14 Rubens Barrichello Jordan-Hart 13 Caixa de cambios 14 Ret 6 Riccardo Patrese Benetton-Ford 3 Suspensión 6 Ret 7 Michael Andretti McLaren-Ford 0 Colisión 5 Ret 28 Gerhard Berger Ferrari 0 Colisión 13 Ret 25 Martin Brundle Ligier-Renault 0 Colisión 16 Ret 24 Fabrizio Barbazza Minardi-Ford 0 Colisión 24 NSC 15 Ivan Capelli Jordan-Hart
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 1 Ayrton Senna 16 2 Alain Prost 10 3 Damon Hill 6 4 Mark Blundell 6 5 Michael Schumacher 4
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Williams-Renault16 2 McLaren-Ford16 3 Ligier-Renault6 4 Benetton-Ford4 5 Lotus-Ford4
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Referencias
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1993 Categoría:Gran Premio do Brasil de Fórmula 1