Manuel del Río Mandayo, nado nos Ánxeles (Oroso) e asasinado en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 1936, foi un político e sindicalista galego.

Traxectoria De profesión ebanista, tamén foi gaiteiro. Foi xulgado en consello de guerra en 1929 por insulto á forza armadaEl Orzán, 1-11-1929, p. 2.. Na II República foi membro das Xuventudes Socialistas e despois pasou a militar no PSOE do que foi secretario xeral de Ordes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido por un falanxista e conducido ao cárcere de Ordes onde foi torturado polo garda civil José Pérez Pérez. Foi paseado no cemiterio de Boisaca na madrugada do 5 de outubro de 1936. A pesar diso, foi posto en busca e captura polas autoridades franquista a finais de outubro de 1936.

Vida persoal Casou con Pilar Naveira Golán e tivo catro fillos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Gaiteiros de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Ebanistas