Belinda Bauer, nada o 24 de decembro de 1962, é unha xornalista, guionista e escritora británica, autora de novela negra.
Traxectoria Creceu en Inglaterra e Suráfrica. A súa primeira novela, Blacklands gañou o premio Gold Dagger da Crime Writers' Association á mellor novela criminal de 2010. Tanto Blacklands como a súa segunda (Darkside, 2011) e terceira novelas (Finder Keepers, 2012) están ambientadas na vila de Shipcott, en Exmoor, ao norte de Devon.
En 2014 a súa novela Rubbernecker gañou o premio Theakston's Old Peculier á mellor novela criminal do ano.
Como guionista gañou o premio Carl Foreman da BAFTA por The Locker Room.
Obra Blacklands (Bantam Press, 2009) Darkside (Bantam Press, 2011) Finders Keepers (Bantam Press, 2012) Rubbernecker (Bantam Press, 2013) The Facts of Life and Death (Bantam Press, 2014) The Shut Eye (Bantam Press, 2015) The Beautiful Dead (Bantam Press, 2016) Snap (Bantam Press, 2018) We Were Never Here (Bantam Press, 2019)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio oficial de Belinda Bauer
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Escritores do Reino Unido Categoría:Xornalistas de Inglaterra Categoría:Guionistas do Reino Unido Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Personalidades sen imaxes