Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2018. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona, nacionalidade de orixe e causa da morte.

Para unha listaxe ordenada alfabeticamente, véxase a categoría "Finados en 2018".

Personalidades internacionais

Xaneiro 3 de xaneiro. Aurelio Menéndez, 90 anos, avogado e exministro español durante a Transición.Fallece Aurelio Menéndez, Gran Cruz al Mérito en el servicio de la Abogacía, nova na páxina web Abogacia.es o 3 de xaneiro de 2018 . 5 de xaneiro. John Young, 87 anos, astronauta estadounidense, a novena persoa en poñer o pé na Lúa, pneumonía. 7 de xaneiro. France Gall, 70 anos, cantante e modelo francesa, gañadora de Eurovisión en 1965, cancro. 7 de xaneiro. Horace Ashenfelter, 94 anos, atleta estadounidense, medallista olímpico en 3000 m barreiras nos Xogos de Helsinqui. 8 de xaneiro. George Maxwell Richards, 86 anos, Presidente de Trinidad e Tobago dende o 2003 até o 2013. 8 de xaneiro. Juan Carlos García, 29 anos, futbolista hondureño internacional, participante no Mundial do Brasil 2014, leucemia. 11 de xaneiro. Eddie Clarke, 67 anos, guitarrista inglés, membro de Motörhead, pneumonía. 15 de xaneiro. Dolores O'Riordan, 46 anos, cantante irlandesa, membro dos Cranberries. 15 de xaneiro. Edwin Hawkins, 74 anos, cantante estadounidense de gospel, cancro de páncreas. 16 de xaneiro. Jo Jo White, 71 anos, baloncestista estadounidense, campión olímpico en México 68, tumor cerebral. 19 de xaneiro. Dorothy Malone, 92 anos, actriz estadounidense, morte morrida. 19 de xaneiro. Fredo Santana, 27 anos, músico de rap estadounidense, infarto. 20 de xaneiro. Jim Rodford, 76 anos, músico inglés, baixista dos Kinks, caída nunhas escaleiras. 20 de xaneiro. Paul Bocuse, 91 anos, cociñeiro francés, pai da nouvelle cuisine, párkinson. 22 de xaneiro. Ursula K. Le Guin, 88 anos, escritora estadounidense de ciencia ficción e fantasía. 23 de xaneiro. Nicanor Parra, 103 anos, escritor chileno. 25 de xaneiro. Claribel Alegría, 93 anos, poeta nicaraguana, infección pulmonar. 27 de xaneiro. Ingvar Kamprad, 91 anos, empresario sueco, creador de IKEA, morte morrida. 27 de xaneiro. Mort Walker, 94 anos, debuxante de banda deseñada estadounidense, morte morrida. 28 de xaneiro. Coco Schumann, 93 anos, guitarrista de jazz e swing alemán. 28 de xaneiro. Gene Sharp, 90 anos, politicólogo estadounidense e fundador da Institución Albert Einstein de promoción da non violencia, morte morrida. 29 de xaneiro. Francisco Núñez Olivera, 113 anos, labrego e antigo soldado español, o home máis vello do mundo, morte morrida. 31 de xaneiro. Haim Gouri, 94 anos, escritor, xornalista e cineasta israelí. 31 de xaneiro, Leonid Kadeniuk, 67 anos, cosmonauta ucraíno.

Febreiro 1 de febreiro. Reyes Abades, 68 anos, técnico cinematográfico español, gañador de nove Goyas de efectos especiais. 1 de febreiro. Dennis Edwards, 74 anos, cantante estadounidense líder dos Temptations, complicacións logo dunha meninxite. 4 de febreiro. Esmond Bradley Martin, 76 anos, historiador e ecoloxista estadounidense, dedicado á loita contra o tráfico de marfil, acoitelado. 4 de febreiro. Gonzalo López Alba, xornalista español. 4 de febreiro. John Mahoney, 77 anos, actor británico coñecido polo seu papel en Frasier, cancro de farinxe. 4 de febreiro. Alan Baker, 78 anos, matemático inglés, especializado nos números trascendentes, ictus. 8 de febreiro. Carlos Robles Piquer, 92 anos, político español, ministro de Educación durante a transición. 9 de febreiro. Reg Cathey, 59 anos, actor estadounidense que gañou un Emmy polo seu papel en House of Cards, cancro de pulmón. 9 de febreiro. Jóhan Jóhanson, 48 anos, músico e compositor islandés, coñecido polas súas bandas sonoras, como a de Sicario. 13 de febreiro. Henrique de Dinamarca, 84 anos, príncipe consorte de Dinamarca, home da raíña Margarida II de Dinamarca, infección pulmonar durante un proceso de demencia. 14 de febreiro. Morgan Tsvangirai, 65 anos, político cimbabués que chegou a ser primeiro ministro do seu país, cancro de colon. 14 de febreiro. Ruud Lubbers, 78 anos, político neerlandés que foi primeiro ministro dos Países Baixos. 18 de febreiro. Didier Lockwood, 62 anos, violinista de jazz francés, infarto. 18 de febreiro. Idrissa Ouédraogo, 64 anos, director de cinema burquinabe, morte morrida. 19 de febreiro. Sergei Litvinov, 60 anos, lanzador de martelo que representou a URSS e a Rusia, e que gañou o ouro en Seúl, infarto. 19 de febreiro. Max Desfor, 104 anos, fotoxornalista estadounidense, gañador dun premio Pullitzer polas súas fotografías da guerra de Corea, complicacións logo de accidentes vasculares. 21 de febreiro. Billy Graham, 99 anos, predicador protestante, un dos líderes de opinión máis influentes dos Estados Unidos na segunda metade do século XX, morte morrida. 22 de febreiro. Antonio Fraguas, "Forges", 76 anos, humorista gráfico español, colaborador habitual do diario El País, cancro de páncreas. 24 de febreiro. Bud Luckey, 83 anos, cómico e debuxante estadounidense, creador do Woody de Toy Story, morte morrida. 25 de febreiro. Penny Vincenzi, 78 anos, escritora inglesa de novela romántica, morte morrida. 26 de febreiro, Jan Kuciak, 27 anos, periodista eslovaco, asasinado. 27 de febreiro. Enrique Castro, "Quini", 68 anos, antigo futbolista español, infarto. 27 de febreiro. Luciano Benjamín Menéndez, 90 anos, xeneral arxentino condenado por crimes contra civís durante a Guerra sucia, cancro. 28 de febreiro. Antonio García-Trevijano, 90 anos, notario e político español da Transición, complicacións dun cateterismo.

Marzo 1 de marzo. Luigi Taveri, 88 anos, piloto de motociclismo suízo, campión mundial de 125cc en tres ocasións, ictus. 1 de marzo. María Rubio, 83 anos, actriz de cinema e televisión mexicana. 2 de marzo. Jesús López Cobos, 78 anos, director de orquestra español, cancro. 2 de marzo, Gillo Dorfles, 107 anos, crítico de arte italiano, morte morrida. 3 de marzo, Roger Bannister, 88 anos, atleta mediofondista inglés que chegou a ser récord mundial da milla. 3 de marzo, Jorge Wagensberg, 69 anos, físico e divulgador científico español, cancro.. 3 de marzo, David Ogden Stiers, 75 anos, actor de televisión e dobraxe estadounidense, cancro de vexiga. 4 de marzo, Davide Astori, 31 anos, futbolista internacional italiano, infarto. 7 de marzo, Reynaldo Bignone, 90 anos, militar arxentino, último presidente da Xunta Militar nos oitenta, morte morrida. 8 de marzo, Kate Wilhelm, 89 anos, escritora estadounidense coñecida pola súa obra de ciencia ficción e fantasía, morte morrida. 9 de marzo, Elías Yanes, 90 anos, arcebispo católico español e antigo presidente da Conferencia Episcopal Española, de vello. 11 de marzo, Ken Dodd, 90 anos, cómico británico. 11 de marzo, Karl Lehmann, 81 anos, cardeal católico alemán e antigo presidente da Conferencia Episcopal Alemá, derramo cerebral. 11 de marzo, Hubert de Givenchy, 91 anos, xastre francés. 13 de marzo, Ivano Beggio, 73 anos, empresario italiano, propietario de Aprilia, e promotor do motociclismo, morte morrida. 14 de marzo, Stephen Hawking, 76 anos, físico e divulgador inglés, esclerose lateral amiotrófica. 14 de marzo, Liam O'Flynn, 72 anos, gaiteiro irlandés, cancro.Liam O’Flynn, Planxty founder and master uilleann piper, dies at 72 14 de marzo, Emilio Disi, 74 anos, actor arxentino de ascendencia galega, cancro de pulmón. 14 de marzo, Marielle Franco, 38 anos, política brasileira e concelleira no Río de Xaneiro, asasinada a tiros. 14 de marzo. Rubén Galván, 65 anos, centrocampista de fútbol arxentino, internacional con Arxentina no Mundial 78, cirrose. 15 de marzo, Tom Benson, 90 anos, empresario deportivo estadounidense dono dos Pelicans e dos Saints, consecuencias dunha gripe. 18 de marzo. Salvador Gabarró, 81 anos, empresario barcelonés que foi presidente de Gas Natural Fenosa durante máis dunha década, cancro. 19 de marzo, Keith O'Brien, 80 anos, cardeal católico escocés, consecuencias dunha caída. 21 de marzo. Carmen Vázquez-Vigo, 95 anos, escritora hispano-arxentina, coñecida sobre todo pola súa produción literaria para público infantil. 22 de marzo. René Houseman, 64 anos, dianteiro de fútbol arxentino, internacional con Arxentina no Mundial 78, cancro de lingua. 23 de marzo. Philip Kerr, 62 anos, escritor escocés de novelas policiais, cancro. 23 de marzo. DuShon Monique Brown, 49 anos, actriz estadounidense de televisión. 24 de marzo. Lys Assia, 94 anos, cantante suíza, a primeira gañadora do festival de Eurovisión.

Abril 1 de abril. Efraín Ríos Montt, 91 anos, antigo ditador de Guatemala, infarto. 1 de abril, Steven Bochco, 74 anos, produtor e guionista de televisión, coñecido por Hill Street Blues, leucemia. 2 de abril. Winnie Mandela, 81 anos, política surafricana, morte morrida. 5 de abril. Isao Takahata, 82 anos, director de cine e animador xaponés, cancro de pulmón. Primeiros días de abril. Peter Grünberg, 79 anos, físico alemán, premio Nobel de Física. 8 de abril. Michael Goolaerts, 23 anos, ciclista profesional belga, parada cardíaca mentres disputaba a París-Roubaix. 8 de abril. John Miles, 74 anos, piloto de automobilismo inglés. 11 de abril. Robert Matthews, 56 anos, atleta inglés, gañador de oito ouros paralímpicos, tumor cerebral. 12 de abril. Sergio Pitol, 85 anos, escritor mexicano, premio Cervantes, afasia progresiva primaria. 13 de abril. Joy Laville, 94 anos, pintora mexicana de orixe inglesa, derramo cerebral. 13 de abril. Miloš Forman, 86 anos, director de cine estadounidense de orixe checoslovaca, morte morridaOscar-winning director Forman dies at 86. 15 de abril. Vittorio Taviani, 88 anos, director de cinema italiano, morte morridaAddio al regista Vittorio Taviani . 15 de abril. R. Lee Ermey, 74 anos, actor e militar estadounidense, protagonista de Full Metal Jacket, pneumonía. 16 de abril. Choi Eun-hee, 81 anos, actriz de cinema surcoreana. 16 de abril. Harry Anderson, 65 anos, actor de televisión estadounidense, protagonista da comedia Night Court. 17 de abril. Barbara Bush, 92 anos, antiga primeira dama dos Estados Unidos, doenza pulmonar obstrutiva crónica. 19 de abril. Vladimir Liakhov, 76 anos, cosmonauta soviético. 20 de abril. Avicii, 28 anos, DJ e produtor musical sueco. 20 de abril. Pedro Erquicia, 75 anos, xornalista español, morte morrida. 21 de abril. Nelson Pereira dos Santos, 89 anos, director de cinema brasileiro, fallo multiorgánico. 21 de abril. Nabi Tajima, 117 anos, muller xaponesa, a persoa máis vella do mundo e a terceira máis vella da historia, morte morrida. 21 de abril. Verne Troyer, 42 anos, actor de cinema estadounidense. 22 de abril. Nino Khurtsidze, 42 anos, xogadora de xadrez xeorxiana. 23 de abril. Eugeni Forcano, 92 anos, fotógrafo español. 24 de abril. Rick Dickinson, 61 anos, deseñador industrial británico especializado en computadoras, creador do ZX Spectrum, cancro. 25 de abril. Michael Anderson, 98 anos, director de cinema inglés, enfermidade coronaria. 27 de abril. Álvaro Arzú, 72 anos, antigo presidente de Guatemala e alcalde da cidade de Guatemala, infarto mentres practicaba golf. 28 de abril. Larry Harvey, 70 anos, activista cultural estadounidense, creador do festival alternativo The Burning Man, consecuencias dun derramo cerebral. 29 de abril. Luis García Meza, 89 anos, militar golpista boliviano, presidente de Bolivia nos primeiros anos oitenta, infarto.

Maio

5 de maio. José María Íñigo, 75 anos, presentador de televisión e xornalista español, cancro. 6 de maio. Eric Geboers, 55 anos, piloto belga de motocrós, afogado nun accidente.