miniatura|180px|Copa dunha árbore.

En botánica denomínase copa dunha planta á parte superior dunha árbore ou dun arbusto, formada polo caule e o conxunto das pólas, incluíndo as follas, e as estruturas reprodutivas., 6ª acepción.

Nas especies caducifolias tamén se denomina copa ao tronco e ramas desprovistas de follas. (1953): "Copa", no Dicionaro de botánica. Vol. I. Barcelona, Editorial Labor, S. A., ISBN 978-84-3350-076-7.

Etimoloxía O termo copa procede do latín vulgar cuppa, e este do latín cásico , "cuba", "barril", "tonel".

Características As formas das copas son moi variábeis. Os principais tipos de árbores son de hábito excurrente con ramificación en formas conoides, ou decurrente, que dá lugar a formas arredondadas. Tamén se poden caracterizar pola súa anchura, profundidade, área superficial, volume e densidade.

As medicións das copas son importantes na cuantificación e cualificación da sanidade vexetal, etapas de crecemento e eficiencia.

As principais funcións da copa inclúen a asimilación da enerxía da luz, a absorción de dióxido de carbono e a liberación de oxíxeno a través da fotosíntese, a liberación de enerxía pola respiración, e o liberación de auga á atmosfera pola transpiración. Estas funcións son realizadas polas follas.

As pólas da copa proporcionan soporte mecánico para distribuír as follas de maneira eficiente e servir como condutos para os recursos (auga, nutrientes) para realizar estas funcións.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Kozlowski, T.; Kramer, P. & Pallardy, S. (1991): The physiological ecology of woody plants. San Diego: Academic Press. ISBN 0-1242-4160-3.

Categoría:Morfoloxía vexetal Categoría:Termos botánicos