Alfonso García Rojo, nado en Villalpando o 28 de decembro de 1906 e finado en Madrid en 1997, foi un mestre español residente en Galicia.

Traxectoria Estudou maxisterio en Pontevedra e Ourense. Foi mestre no Mourisco (O Riós), e despois foi destinado a Parada de Sil, onde permaneceu tres anos. Alí puxo en marcha unha experiencia de educación graduada e coeducación coa mestra Rosa Pons i Fábregas. Pasou despois a Faramontaos (Nogueira de Ramuín) onde foi mestre dende 1934. Colaborou con artigos pedagóxicos en El Pueblo Gallego e Magisterio Orensano, Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido o 20 de setembro e marchou a Pontevedra. Permaneceu alí ata o seu retorno á docencia en 1963. Marchou despois a Cataluña, Cantabria e Madrid.

Obras Alfonso García Rojo, mestre republicano da Ribeira Sacra. Relatos autobiográficos, 2008.

Recoñecementos

Os vecinos de Faramontaos rendíronlle homenaxe en setembro de 2008.Galicia Hoxe, 21-9-2008, p. 34.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Profesores de España Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en 1906 Categoría:Nados en Villalpando Categoría:Finados en 1997