Manuel Tenreiro Mosquera nado en Pontedeume e finado en Ferrol o 25 de setembro de 1939, foi un xastre e político galego.
Traxectoria Fillo de José Tenreiro López. Xastre. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Foi reclamado polo Goberno civil da Coruña en setembro de 1936.La Voz de Galicia, 26-9-1936, p. 4. Foi detido e procesado na causa 318/38 contra a súa curmá Amelia Varela Bouza e outros. Xulgado en Ferrol por rebelión militar, foi condenado á pena de morte. Foi fusilado no castelo de San Filipe de Ferrol o 25 de setembro de 1939.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1939 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Fusilados