Faraquet é unha influínta banda de post-hardcore procedente de Washington, D.C.. Ás veces tamén é definida como unha banda de math rock. Formouse no ano 1997 e separouse en 2001. Editou os seus traballos co selo Dischord Records e estivo influenciada por grupos como Fugazi, Jawbox, Nation of Ulysses ou King Crimson. Recentemente reeditouse todo o seu material publicado antes do seu único álbum e reuniuse brevemente para realizar concertos para apoiar os seus proxectos no Brasil e en Washington, D.C.

Tras a disolución de Faraquet, Chad e Devin formaron Medications, banda coa cal publicaron un EP e dous álbums a través de Dischord Records antes de entrar en hiato en 2011. Devin toca actualmente en The EFFECTS, que leva publicado un disco (tamén a través de Dischord).

Discografía Álbum Ano Selo The View from this Tower 2000 Dischord Records

Notas

Categoría:Grupos musicais de Washington, D.C. Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais de math rock Categoría:Grupos musicais formados en 1997 Categoría:Grupos musicais separados en 2001