Ángel Pardo y Puzo, nado en Ferrol o 3 de decembro de 1869 e finado en San Fernando (provincia de Cádiz) o 16 de maio de 1922La Noche, 16-5-1947, p. 2., foi un mariño e escritor galego.
Traxectoria Fillo primoxénito do capitán Ramón Pardo Pardo, que morreu na batalla do Somorrostro durante a terceira guerra carlista o 27 de marzo de 1874. Por este feito, Ángel Pardo y Puzo foi nomeado tenente segundo polo rei Afonso XII con cinco anos a condición de ingresar no Corpo de Mariña antes de cumprir os 22 anos:
Ingresou na Escola Naval en 1887 e ascendeu rapidamente a gardamarina. Dende decembro de 1889 estivo destinado durante un ano no Nautilus ata que transbordou á Escola de Instrución. Prestou servizos en Filipinas e despois realizou numerosos embarques por augas internacionais. O 21 de decembro de 1898 tivo que afundir o canoneiro Corcuera (do que era comandante) por ordes de Madrid ao ver a perda da soberanía do imperio español sobre Filipinas.
Acabou retornando á Península. Estudou as almadrabas de Cádiz e Huelva, e solicitou en 1916 que se lle concedese unha prórroga de dous meses para completar esas investigacións. Os últimos datos consignados na súa Folla de Servizos indican que foi nomeado Axudante Maior do arseal de La Carraca (1920) e segundo comandante do acoirazado España (1922).
Publicou varios artigos no Anuario Estadístico de Pesca, escribiu libros sobre temas pesqueiros e tamén foi poeta en galego e castelán. alt=Ángel y Josefa en Cádiz|miniatura|Ángel Pardo Puzo e a súa segunda esposa, Josefa Pery Lazága. Obras Ensaio "Diccionario y croquis de los artes de pesca más usuales en las costas de España" no Anuario Estadístico de Pesca (1906) Cartilla de pesca. Conocimientos útiles a los pescadores (1907) Anguilas y angulas (1911 e 1913; carta-prólogo de Adolfo Navarrete) Industrias pesqueras. Ostreros o parques ostrícolas (1916; carta prólogo de Joaquín de Borja)
Poesía Campesinas y cortesanas (poesía en galego e castelán, 1909; prólogo de Galo Salinas)
Recoñecementos Foi condecorado coas cruces de segunda e primeira clase ao Mérito Naval.
Galería de imaxes
Noras
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ángel Pardo y Puzo. Oficial de Marina y poeta
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1869 Categoría:Finados en 1922 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Poetas en lingua galega