O aeroporto internacional de Vancouver é un aeroporto canadense situado en Sea Island, Richmond, a uns 12 quilómetros do centro de Vancouver. É o segundo aeroporto máis concorrido do Canadá en movemento de avións e en número de pasaxeiros, tras o aeroporto de Toronto-Pearson. Opera voos diarios cara Asia, Europa, Oceanía, Estados Unidos, México e outros aeroporto dentro do país. O aeroporto gañou varios destacados premios internacionais; gañou o premio ao mellor aeroporto de Norteamérica de Skytrax en 2007 e dende 2010 ata 2017. Tamén entrou na lista dos 10 mellores aeroportos do mundo por vez primeira en 2012, chegando ao oitavo posto no ano seguinte.
Vancouver é un centro de conexións para as aeroliñas Air Canada e WestJet. Tamén é unha base operativa para Air Transat. É on dos poucos aeroportos internacionais canadenses rn contar cunha terminal para servizos regulares con hidroavións. O aeroporto é propiedade de Transport Canada, o departamento do goberno canadenseque se encarga dos transportes, e está operado pola Autoridade Aeroportuaria de Vancouver Airport Authority, que tamén opera aeroportos en todo o mundo a través da súa subsidiaria Vantage Airport Group.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Notas
Vancouver