miniatura|250px|Callitris pancheri nas Chutes de la Madeleine, Nova Caledonia. Callitris pancheri é unha especie de conífera da familia das cupresáceas (Cupressaceae).
En numerosos textos de botánica aparece denominada co seu antigo sinónimo Neocallitropsis pancheri (que era a única especie do xénero Neocallitropsis).
Características As principais características de Callitris pancheri son:Neocallitropsis pancheri (Carrière) de Laubenfels 1972 en The Gymnosperm Database. É unha conífera perenifolia de porte arbóreo ou arbustivo, que alcanza de 2 a 10 m de altura. A súa forma a miúdo recorda á dun candelabro, coa parte superior da copa coas pólas parcialmente orientadas cara ao sol. A casca do tronco e das pólas máis grosas é máis ou menos lisa, fendida por sucos verticais longos, que se exfolian en láminas delgadas, fibrosas, de cor de parda a parda escura, que cambia a gris coa idade. As follas xuvenís son lanceoladas, agudas, cóncavas na face, cunha carena no centro do envés, de 8 a 14 mm de longo por 0,8 mm de ancho máximo, que van cambiando gradualmente cara a unha forma de transición. As follas de transición miden de 6 a 15 mm de longo, e de 1,8 a 2,5 mm de anchura, e van curvándose cara a arriba para trnasformarse en adultas. Estas, de 5 mm de longo por 2 mm de ancho, son lanceoladas, agudas, con patente carena dorsal, e aparecen máis ou menos imbricadas. As follas dipóñense en verticilos de oito alternando con outros de catro; en aparencia, a follaxe e superficialmente similar á dalgunhas especies do xénero Araucaria, aínda que esta especie está moi afastada filoxeneticamente das de Araucaria. É unha planta dioica, é dicir, con individuos machos e femias separados. Os conos maculinos son globulares, de 8 a 10 mm de longo e 6 mm de ancho. Os microsporófilos son acuminados e espiñentos, alcanzando un tamaño de 3 × 3 mm na base do cono, pero son moito máis pequenos na parte superior. Os conos femininos son frecuentemente moi curtos, de 10 × 8 mm, con oito escamas parcialmente cubiertas polas follas que as acompañan por debaixo, que se desenvolve moito ao maduraren. As piñas maduras miden de 1,5 a 2,0 cm de longo, e teñen oito escamas leñosas; estas conteñen de 1 a 4 sementes, de aproximadamente 6 × 2 mm, cunha á de 0,6 mm. A madeira desprende un aroma a alcanfor.
Distribución miniatura|250px|Callitris pancheri, ramas e follaxe.Ao fondo, a fervenza de la Madeleine. miniatura|250px|Callitris pancheri (en primeiro plano), no seu ambiente natural.
Trátase dunha especie endémica de Nova Caledonia, que se encontra en pequenas poboacións, confinada nunhas poucas localidades no sur da Grand Terre, cunha soa subpoboación moi pequena no cumio do monte Paéoua, 180 km ao norte.Neocallitropsis pancheri na Lista vermella da UICN. Versión 2017-3. Consultada o 10-01-2018.Jaffré, T.; Veillon, J. M. & Cherrier, J. F. (1987): "On the occurence of two Cupressaceae, Neocallitropsis pancheri and Libocedrus austrocaledonica in the Mt Paéua area and new sites for the gymnospems in New Caledonia". Bulletin de Museum National d'Histoire Naturelle Section B Adansonia 9 (3): 273-288. Encóntrase desde os 30 até os 1 140 msnm.
Poboación A poboación total de Callitris pancheri, que está decrecendo, estímase na actualidade (2018) entre os 2 500 e os 10 000 espécimes. As diferentes subpoboacóns varían moito en tamaño, desde uns poucos a varios centos de individuos (Plateau des Callitropsis). No monte Paéoua só se encontraron 45 árbores maduros.
Taxonomía Descrición O xénero Neocallitropsis foi descrito en 1944 polo botánico sueco Carl Rudolf Florin, nun traballo publicado na Palaeontographica, Abt. B, Paläophytol 590.Neocallitropsis Florin no IPNI.
É un xénero monotípico, xa que conta cunha soa especie, Neocallitropsis araucarioides (Compton) Florin, descrita por Florin no mesmo ano e no mesmo traballo,[http://www.ipni.org/ipni/simplePlantNameSearch.do?find_wholeName=Neocallitropsis+araucarioides&output_format=normal&query_type=by_query&back_page=query_ipni.html Neocallitropsis araucarioides (Compton) Florin] no IPNI. renomeando á especie Callitropsis araucarioides Compton, 1858
A especie fora descrita por primeira vez en 1858 polo botánico francés Élie-Abel Carrière, co nome de Eutacta pancheri,Eutacta pancheri Carrière no GBIF. na segunda edición da súa obra Traité général des conifères.Eutacta pancheri Carrière en Tropicos.
Moito máis tarde, en 1972, foi reclasificada dentro do xénero Neocallitropsis, como Neocallitropsis pancheri, polo botánico estadounidense David John de Laubenfels, nun traballo publicado en Fl. Nouv.-Calédonie & Dépend. 4: 161.Neocallitropsis pancheri (Carrière) de Laub. no IPNI.
Durante anos apareceu citada dentro do seu propio xénero Neocallitropsis. Porén, recentes análises filoxenéticas moleculares aconsellaron que fora situada dentro do xénero Callitris,Pye, M. G.; P. A. Gadek & K. J. Edwards (2003). "Divergence, Diversity and Species of the Australasian Callitris (Cupressaceae) and Allied Genera: Evidence from ITS Sequence Data". Australian Systematic Botany 16: 505–514. como Callitris pancheri.Callitris pancheri (Carrière) Byng no IPNI.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñécese tamén polos sinónimos:Byng, J. W. (2015). The Gymnosperms Handbook: A practical guide to extant families and genera of the world. Plant Gateway Ltd. Earle, Cristopher J. (2012): Neocallitropsis pancheri en The Gymnosperm Database.
Eutacta pancheri Carrière, 1867 Callitropsis araucarioides Compton, 1858 Neocallitropsis araucarioides (Compton) Florin, 1944 Neocallitropsis pancheri (Carrière) de Laub., 1972 Neocallitropsis pancheri (Carrière) de Laub. no IPNI.
Etimoloxías Xénero Neocallitropsis O nome científico Neocallitropsis está formado pola unión dos elementos do latín científico neo-, calco do grego antigo νεο- neo-, elemento de feomación de palabras derivado de νέosς néos, "novo",neo- no Online Etymology Dictiorany. e Callitropsis, nome de xénero (refírese a Callitropsis Compton, 1922, e non a Callitropsis Oerst., 1864); literalmente: "o novo Callitropsis".
Xénero Calli Callis é un derivado irregular do elemento latino calli-,Callitris no Merriam-Webster Unabridged Dictionary. calco do grego antigo καλλί- kallí-, que deriva de κάλλοσ kállos, "beleza", "fermosura".calli- no Merriam-Webster Unabridged Dictionary.
Nome específico O epíteto específico, pancheri, que significa "de Pancher", é unha homenaxe ao xardineiro e botánico francés Jean Armand Isidore Pancher, que traballou como botánico do goberno en Nova Caledonia.Pancher, Jean Armand Isidore (1814-1877), biografía en JSTOR Global Plants.
Estado de conservación A día de hoxe (2018), a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o status da espeie como en perigo de extinción, debido a que houbo unha redución do tamaño da súa poboación estimada en máis do 50 % durante as últimas tres xeracións, dando como resultado unha diminución da área de dispersión, así como da calidade do seu hábitat. Isto debeuse, sobre todo, a que a especie foi sometida anteriormente á sobreexplotación, así como aos efectos das inundacións nos anos da década de 1960.A actual área de ocupación estímase en 32 km2, distribuídos en só tres lugares (Paéoua, Montagne des Sources, Plaine des Lacs/Chute de Madelaine).As diferentes subpoboacións están moi fragmentadas xeográfica e ecoloxicamente.Así mesmo, prevese unha diminución continua na área de dispersión e na calidade do hábitat debido á crecente frecuencia dos incendios e aos efectos da minaría.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Farjon, A. (2005): Monograph of Cupressaceae and Sciadopitys. Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 1-8424-6068-4. Farjon, A. (2010): A Handbook of the World's Conifers. 2 Vols. Leiden: Koninklijke Brill. ISBN 978-9-0474-3062-9. Rushforth, Keith D. (1987): Conifers. Nova York, Nova York, EUA: Facts on File. ISBN 978-0-8160-1735-5. ISBN 0-7470-2801-X.
Outros artigos Coníferas
Ligazóns externas Neocallitropsis (Neocallitropsis pancheri) en ARKive. Neocallitropsis pancheri na EOL.
Categoría:Cupressaceae Categoría:Flora de Oceanía Categoría:Plantas descritas en 1858