Dolores Mary Eileen O'Riordan, nada en Ballybricken, preto de Limerick o 6 de setembro de 1971 e finada en Londres o 15 de xaneiro de 2018 foi unha cantante e compositora irlandesa. Liderou a banda de rock The Cranberries durante 13 anos antes da ruptura do grupo en 2003, reuníndose de novo en 2009.

O seu primeiro álbum en solitario Are You Listening?, publicouse en maio de 2007 e foi seguido por No Baggage en 2009. O'Riordan era coñecida pola súa voz de mezzosoprano e lilting, polo canto á tirolesa e o seu marcado acento de Limerick. Apareceu como xuíza en The Voice of Ireland, de RTÉ durante a temporada 2013–14. En abril de 2014, O'Riordan uniuse a Jetlag (logo renomeada D.A.R.K.) e comezou a gravar material novo.

En maio de 2017, informou que lle diagnosticaran desorde bipolar.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Cantantes de Irlanda Categoría:Compositores de Irlanda Categoría:Nados en Limerick Categoría:Nados en 1971 Categoría:Finados en 2018 Categoría:The Cranberries Categoría:Finados por afogamento