A lingua de vaca avermellada, (Hydnum rufescens) é un basidiomiceto comestible da familia Hydnaceae. Pertence ao pequeno grupo de cogomelos de fungos hidnoides que producen corpos frutíferos onde a parte inferior do sombreiro está cuberta dun himenóforo con forma de espiñas ou dentes, e non de poros nin lamelas.

É moi similar á lingua de vaca (Hydnum repandum), e foi anteriormente ás veces considerada variedade desta especie. Non obstante, existen as seguintes diferenzas:Roger Phillips: Mushrooms and other fungi of Great Britain & Europe (1981), Pan Books Ltd, London.Courtecuisse, R. & Duhem, B. (1994) "Guide des champignons de France et d'Europe" Delachaux et Niestlé .

o sombreiro da H. rufescens é arroibado en vez de beis, as dimensións xerais son menores e de formas máis regulares, cun estipe central, as espiñas non son decorrentes, e as esporas son lixeiramente máis grandes.

Ambas especies medran nos solos dos montes coníferos e caducifolios europeos. Ectomicorriza con Picea abies, Pinus sylvestris, Fagus sylvatica e Quercus robur.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Hydnum rufescens at Northern Ireland Fungus Group.

Categoría:Cantharellales Categoría:Fungos comestibles Categoría:Fungos de Galicia Categoría:Fungos descritos en 1800