O berberecho macho (Acanthocardia aculeata) é unha especie de molusco bivalvo mariño da familia Cardiidae pertencente ao xénero Acanthocardia.
Descrición A cuncha do berberecho macho pode acadar os 50–115 mm de tamaño. Esta cuncha é robusta, ovalada, cun perfil de forma de corazón, coas valvas iguais e inchadas, coas marxes crenuladas. A superficie amosa 20-22 costelas radiais prominentes, con filas de espiñas afiadas, especialmente aos lados. A coloración básica é normalmente marrón pálida. O interior é branco, con rañuras que se estenden polo interior.
Distribución e hábitat O berberecho macho atópase polo mar Mediterráneo e o océano Atlántico europeo. Esta especie está presente no sublitoral areoso lamacento. Estes moluscos alímentanse de fitoplancto.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Repetto G., Orlando F. & Arduino G. (2005): Conchiglie del Mediterraneo, Amici del Museo "Federico Eusebio", Alba, Italia Outros artigos Lista de bivalvos de Galicia Ligazóns externas Biolib Marlin
Categoría:Bivalvos Categoría:Animais descritos en 1758