O polígono industrial de Penapurreira é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada no concello das Pontes de García Rodríguez.Polígono industrial de Penapurreira, As Pontes Recibe o seu nome da aldea de Pena Porreira, da parroquia de Vilavella.

Descrición Creouno o IGVS entre 1998 e 2001, cofinanciado pola Xunta de Galicia, Endesa e o Instituto para a Reestruturación da Minería do Carbón. Está xestionado por Xestur Coruña.

Ten 822 287 metros cadrados de superficie en tres fases: Primeira con preto de 400 000 metros cadrados. Segunda de 145 000 m² Terceira (Fase C) 288 096 m²

A superficie total está repartida do seguinte xeito: Industrial: 532 980 m² Social: 15 064 m² Deportiva: 15 602 m²

Neste polígono teñen a súa sede empresas como Einsa, Arteixo Telecom ou Galparquet.

Ten accesos á AC-42, que conecta a 5 km coa AG-64 (Ferrol-Vilalba)

Notas

Categoría:As Pontes de García Rodríguez Penapurreira