И, и (cursiva: И, и) nunha letra presente na maioría dos alfabetos cirílicos tanto modernos como arcaicos. Representa tipicamente /i/ (en protoeslavo, eslavo eclesiástico, ruso, búlgaro, serbio, e macedonio), ou /ɪ/ (en ucraíno, así como nalgunhas posicións no moderno eslavo eclesiástico e ruso).

Orixes Parece unha versión investida da N maiúscula do alfabeto latino pero foi derivada da letra eta do alfabeto grego (Η, η, pronunciada en grego antigo e en grego moderno).

No primeiro alfabeto cirílico practicamente non había distinción entre as letras И (izhei) e І (i), derivadas das letras gregas η (eta) e ι (iota). Ambas permaneceron no repertorio alfabético xa que representaban números diferentes na numeración cirílica, oito e dez respectivamente, motivo polo cal ás veces se lles chama i octal e i decimal. Hoxe en día coexisten en eslavo eclesiástico (sen diferenza fonética) e en ucraíno (con diferenza fonética). Outras ortografías eslavas eliminaron unha das dúas letras durante as reformas dos séculos XIX e XX: o ruso, o búlgaro, o serbio e o macedonio teñen só a И, mentres que o belaruso ten só a І.

Uso É a décima letra do alfabeto ruso e en ruso pronúnciase /i/, como a de 'piñeiro'. Aínda que cando está soa non vai precedida da semivocal "yod", //, como si ocorre con outras vogais "débiles" (е, ё, ю e я), en ruso considéraselle a correspondente débil de ы, que representa // (na lingua ucraína e belarusa, o son /i/ represéntase coa letra і, e ás veces chámaselle "I ucraína").

A letra и é a undécima letra do alfabeto ucraíno e en ucraíno representa //, como na palabra ' inmortal'. A lingua belarusa prescindiu por completo da letra и, pero conserva a súa versión curta: a letra й, chamada I kratkoye ('I curta'), que se usa tamén en ruso e na maioría das linguas arriba citadas, aínda que outras como o serbio e o montenegrino substituírona por unha J.

Polo común, é transliterada do ruso, simplemente, como i, ou do ucraíno como e ou i, usando diferentes sistemas de romanización.

As letras и e úsanse na tipografía do falso cirílico, un estilo tipográfico empregado en diversos contextos para recrear unha atmosfera eslava.

Sistema numeral cirílico Na antigüidade, no sistema numeral cirílico, esta letra tiña o valor numérico 8.

Táboa de códigos {| class="wikitable" ! Codificación de caracteres ! Tipo ! Decimal ! Hexadecimal ! Octal ! Binario |- | rowspan="2" |Unicode |Maiúscula |1048 |0418 |002030 |0000 0100 0001 1000 |- |Minúscula |1080 |0438 |002070 |0000 0100 0011 1000 |- | rowspan="2" |ISO 8859-5 |Maiúscula |184 |B8 |270 |1011 1000 |- |Minúscula |216 |D8 |330 |1101 1000 |- | rowspan="2" |KOI 8 |Maiúscula |233 |E9 |351 |1110 1001 |- |Minúscula |201 |C9 |311 |1100 1001 |- | rowspan="2" |Windows 1251 |Maiúscula |200 |C8 |310 |1100 1000 |- |Minúscula |232 |E8 |350 |1110 1000 |} Os seus códigos HTML son: И ou И para a minúscula e и ou и para a minúscula.

Véxase tamén Outros artigos І, alfabeto cirílico Ї, alfabeto cirílico Й, alfabeto cirílico Ы, alfabeto cirílico Η, eta alfabeto grego