Oh! Ayatollah foi un grupo galego de pop, formado a finais de 2015 en Santiago de Compostela e que estivo activo ata 2023.
Traxectoria A banda foi formada a finais de 2015 por un grupo de amigos das facultades de Filosofía e Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela: Nuno García (voz e teclados), Xoel Xeada (guitarra e coros), Anaís Fernández (guitarra), André Real (baixo) e Simón Cuba (batería e coros). Deron o seu primeiro concerto no local compostelán Reixa Bar o 8 de marzo de 2016. O seu primeiro EP, cargado de "nihilismo entusiasta" e titulado Cancións por se non te quere xa foi autoeditado en abril dese mesmo ano. Posteriormente publicaron un x con dúas cancións, "Mi Re La / Nunca Máis" (autoeditado, 2017). Lanzaron un videoclip de cada tema, ambos os dous dirixidos por Xaime Miranda. O primeiro deles, "Mi Re La", resultou gañador do premio do xurado do Festival de Cans 2017 ao mellor videoclip. En xaneiro de 2018 ve a luz o seu primeiro álbum, "Volve a canción protesta", gravado e producido por Hevi (Fluzo, Malandrómeda) no Laboratorio Soyuz.
Tras percorrer os escenarios de Galicia, o grupo entrou nun período de pouca actividade a partir de 2019, polas diferentes ocupacións dos seus membros e o lanzamento da carreira en solitario de Nuno como Grande Amore. Deron os seus últimos concertos en 2023 e despois dun período de inactividade, en 2026 os seus membros deron por morto o proxecto para fundar un novo grupo: Portosanto.
Discografía Cancións por se non te quere xa (EP; autoeditado, 2016) Mi Re La / Nunca Máis (sinxelo; autoeditado, 2017) Volve a canción protesta (LP; autoeditado, 2018)
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Oh! Ayatollah en Bandcamp
Categoría:Grupos musicais de Santiago de Compostela Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Grupos musicais formados en 2015 Categoría:Grupos musicais separados en 2023