Andrés Avelino Saborit Colomer, nado en Alcalá de Henares o 10 de novembro de 1889 e finado en Valencia o 26 de xaneiro de 1980, é un tipógrafo, xornalista e político socialista español.

Traxectoria miniatura|Daniel Anguiano, Francisco Largo Caballero, Julián Besteiro e Saborit no penal de Cartaxena (1918). Fillo dun matrimonio modesto, o seu pai, pintor-decorador, morreu cando Andrés tiña só oito anos. Sendo neno e xa traballando, adquiriu a súa formación de tipógrafo en clases nocturnas.

Membro dende moi novo da Asociación General del arte de Imprimir, sindicato socialista fundado por Pablo Iglesias, colaborou con este cando foi elixido Concelleiro do Concello de Madrid e afiliouse ó PSOE en 1904.

En 1906, xunto a Tomás Meabe, traballou pola extensión territorial das Xuventudes Socialistas de España. Posteriormente foi colaborador de Julián Besteiro, de quen se lle terminou considerando «o seu partidario máis leal».

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1889 Categoría:Nados en Alcalá de Henares Categoría:Finados en 1980 Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Concelleiros de Madrid Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Exiliados do franquismo