STS-124 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 31 de maio de 2008 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-124, con sete astronautas a bordo (seis americanos e un xaponés), foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Mark Kelly, o piloto Ken Ham, o enxeñeiro de voo Greg Chamitoff e os especialistas de misión Karen Nyberg, Garrett Reisman, Akihiko Hoshide, Ron Garan e Mike Fossum.

O Discovery acoplouse ao porto PMA-2 da estación ás 18:03 GMT do 2 de xuño, levando a bordo a segunda sección do módulo laboratorio xaponés Kibo, para cuxa instalación se necesitaron tres paseos espaciais. Durante a misión tamén se reparaou o lavabo químico.

O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 14 de xuño de 2008.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery

Categoría:Programa STS