Pedro Osores de Ulloa ás veces escrito como Osorez, nado en San Juan de Sa Toribio Medina, J. (1906): Diccionario biográfico colonial de Chile pp. 627-629. Imprenta Elzeviriana, Santiago de Chile. (Galicia) cara a 1540 e finado en Concepción (Chile) o 18 de setembro de 1624, foi un militar e administrador galego que, sendo xa octoxenario, desempeñou o cargo de gobernador e presidente da Real Audiencia de Chile entre novembro de 1621 e setembro de 1624. En canto á guerra de Arauco, opúxose á estratexia denominada guerra defensiva, preconizada polos xesuítas e sobre todo o pai Luis de Valdivia. O seu goberno marcou o fin definitivo de dita política.

Traxectoria miniatura|page=632|Diccionario biográfico colonial de Chile. Osores levara a vida azarosa dun militar do seu século. Pelexou na batalla de Lepanto en 1571, atopándose a bordo da galera San Francisco de España, a primeira en romper os lumes. Tras outras accións desa guerra, permaneceu 18 meses prisioneiro en Alxer.

En 1586, enfermou gravemente en Cádiz, para despois pasar a América co cargo de corrixidor da rica cidade arxentinífera de Potosí (1587), onde foi acusado de ostentar un carácter arbitrario, mentres que doutra banda atribúeselle o dirixir a salvación de 400 indíxenas atrapados nunha mina.

Por mor das incursións de Cordes e Noort, levantou bandeira de enganche e participou nas infrutuosas manobras en persecución dos holandeses, polo que foi promovido a mestre de campo. A estas alturas Osores era rico e propietario de facendas, viñas e enxeños mineiros en Potosí.

Foi promovido a gobernador de Huancavelica (1620), provincia de especial importancia entón polas súas minas de mercurio, requirido na extracción do ouro.

A pesar da súa riqueza persoal e a ser membro destacado da sociedade do vicerreinado e integrante da orde de Calatrava, téñense antecedentes de que, en xeral, non foi visto con bos ollos polos diversos vicerreis, que lle atribuían dificultades de carácter.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Batalla de Lepanto Guerra de Arauco Orde de Calatrava

.

Categoría:Finados en 1624 Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Políticos de Chile