Tobolsk (en ; en tártaro siberiano: Себер) foi a capital histórica de Siberia, e actualmente unha cidade ordinaria do óblast de Tiumen, en Rusia. Está localizada na confluencia dos ríos Tobol e Irtish.

Historia Tobolsk foi fundada polos cosacos comandados polo seu líder Iermak Timofeevich entre 1585 e 1586 durante o primeiro avance ruso en Siberia. Preto das ruínas de Qashliq, capital do Khanato de Siberia. Isto fíxose co asentimento da Gobernación de Siberia e prosperou grazas ao comercio con China e Bukhara. Foi aí onde se estableceron a primeira escola, o primeiro teatro e o primeiro xornal de Siberia.

Debido aos desacordos administrativos do territorio, Tobolsk deixou o asento do Gobernador xeral de Siberia Occidental ata que fose trasladado a Omsk de 1820 a 1830. Homenaxeando á autoridade da cidade, moitas cidades siberianas tiñan as súas armas orixinais e mostran a insignia de Tobolsk, entre elas, Omsk, Tiumén e Tomsk. Omsk honra a herdanza até este día.

Até a Revolución rusa de 1917, a cidade servía como a capital de gobernatura de Tobolsk. Vasilii Perov e Dmitri Mendeleev (creador da táboa periódica), foron os habitantes máis famosos da cidade. A importancia da cidade diminuíu cando o Ferrocarril Transiberiano evitouno no seu percorrido, nos anos 1890.

Entre os edificios seculares notorios da cidade atópase esta casa construída polo comerciante e recadador de impostos Kuklin despois dun incendio que arrasou coa cidade en 1788.

En agosto de 1917, despois da Revolución de Febreiro, o Tsar Nicolao II de Rusia e a súa familia foron exiliados aquí polo Goberno provisional e aloxados na antiga casa do Gobernador xeral, antes de ser trasladados polas forzas bolxeviques a Ekaterimburgo.

A economía do Tobolsk moderno céntrase nunha refinaría de petróleo principalmente. Tamén se conservan algunhas artesanías tradicionais, como a talladura de óso.

Monumentos Tobolsk é a única cidade de Siberia e unha das poucas en Rusia que ten un Kremlin ou fortaleza de pedra, construída ao redor dos séculos XVII e XVIII. As paredes brancas e torres do conxunto de igrexas e edificios están espectacularmente situados sobre unha alta beira do río. Foron declarados un tesouro nacional histórico e arquitectónico en 1870.

Os monumentos principais do Kremlin son a Catedral de Santa Sofía (1683-1686), o patio mercante (1703-1705), o palacio episcopal (1773-1775), e a suposta Cámara Sueca (1713-1716), con seis corredores barrocos. A cidade contén notables igrexas barrocas e neoclásicas a partir dos séculos XVIII e XIX. Tamén significativo é un monumento de granito dedicado a Iermak Timofeevich, construído por Alexander Brullov en 1839.

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Siberia

Categoría:Cidades de Rusia Categoría:Siberia