Cormac mac Cuilennáin, finado en Bellaghmoon (Condado de Kildare) o 13 de setembro de 908, foi un bispo irlandés, rei de Munster, coñecido como grande erudito e canonizado nas igrexas católica e ortodoxa.
Traxectoria Cormac naceu no clan Eóganacht Chaisil, liña de Cashel () dos Eóganachta, que dominaran Munster dende o século V. Foi recoñecido como un candidato de undécima xeración de Óengus mac Nad Froích, e ningún dos seus antepasados dende Óengus foron reis de Cashel, motivo polo cal Cormac, como outros reis cregos de Munster do século IX, probablemente fora un candidato compromisado.Byrne, Irish Kings, pp. 214 & 292.
De acordo cos Anais dos Catro Mestres, Cormac foi titorado por Snerdgus, de Dísert DíarmataRussell, "Cormac"; Annals of the Four Masters, AFM 885.11. De acordo con algúns relatos, fora casado con —ou noivo de— Gormlaith, filla de Flann Sinna, Grande Rei da Irlanda, mais preferiu tomar votos de celibato. Probablemente era bispo de Cashel antes de ser coroado rei de Munster, mais algúns autores suxiren que sería máis probablemente bispo de Emly.
Cormac foi elixido rei de Munster despois da morte de Finguine Cenn nGécan, de acordo cos Anais do Ulster, asasinado polos seus socios, e segundo os Anais de Inisfallen, morto polos Cenél Conaill Chaisil, unha liña dos Eóganachta.Annals of Ulster, AU 902.1; Annals of Inisfallen, AI 902.1. Os Anais de Inisfallen descrebenno como un “bispo nobre e célibe”.Annals of Inisfallen, AI 901.3. Cormac tentou restaurar a autoridade dos reis de Munster sobre Leinster, e talvez aspirou a ser Grande Rei da Irlanda. En 907, liderou campañas en Connacht e Meath, onde derrotou Flann Sinna, e mantivo unha armada operante no Río Shannon, que capturou Clonmacnoise.Russell, "Cormac"; Annals of Inisfallen, AI 907.1, AI 907.3 & AI 907.4.
En 908, Cormac e Flaithbertach mac Inmainén, o seu conselleiro-xefe e abade de Scattery, reuniron un exército e fixeron unha campaña contra Leinster, cuxo rei Cerball mac Muirecáin era xenro e aliado de Flann Sinna.Wiley, "Cath Belaig Mugna". Moitos homes de Munster rexeitaron loitar, e estas noticias chegaron a Cerball, que propuxo un acordo de paz segundo o cal os homes de Leinster darían reféns e pagarían tributos. Cormac considerou aceptar o acordo, mais Flaithbertach convenceuno do contrario e persuadiu a Cormac de loitar, a pesar da convicción do rei de que morrería.Byrne, Irish Kings, p. 214Wiley, "Cath Belaig Mugna"; Russell "Cormac"; Fragmentary Annals, FA 423.
Esta noticia, coa de que Flann e os Uí Néill virían para axudar Cerball, resultou en desercións do exército de Cormac, que aínda así invadiu Leinster, atopándose con Cerball e Flann en Bellaghmoon (, no sur do actual Condado de Kildare). Moitos homes foron mortos, inclusive Cormac, que rompeu o pescozo despois de caer de seu cabalo. Flaithbertach foi capturado. Cormac foi decapitado e a súa cabeza levada a Flann.Wiley, "Cath Belaig Mugna"; Russell "Cormac"; Fragmentary Annals, FA 423; Annals of Ulster, AU 908.3; Annals of Inisfallen, AI 908.2; Annals of the Four Masters, AFM 903.7.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Reis de Irlanda Categoría:Mortos en combate Categoría:Santos Categoría:Bispos entre 451 e 1054 Categoría:Finados en 908 Categoría:Santos do catolicismo