Os kabardinos (en kabardino: Къэбэрдей адыгэхэр; en adigueo: Къэбэртай адыгэхэр; en ), son a meirande tribo das doce tribos circasianas. Xunto coa tribo Besleney, falan un dialecto distintivo do adigueo coñecido como lingua kabardina. Son étnica e lingüisticamente afíns ós adigueos, ós que consideran a familia oriental do seu pobo. A súa poboación céntrase na república de Kabardino-Balkaria da Federación Rusa, onde eran uns 520 000 (2002).Censo ruso do 2002

Tamén existen minorías en Turquía (principalmente na provincia de Kayseri) e en Xeorxia,Lingua kabardina; Ethnologue.]] Alemaña, Arabia Saudita, Xordania, os Estados Unidos, Ucraína e Uzbekistán. Orixinariamente eran un pobo seminómade. Practican maioritariamente o islam sunnita, pero comunidades minoritarias pertencen á igrexa ortodoxa.Olson, James Stuart, ed. (1994). An Ethnohistorical dictionary of the Russian and Soviet empires. Greenwood. p. 329.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Grupos étnicos de Europa

Categoría:Grupos étnicos de Rusia Categoría:Osetia