Ludwig Wittgenstein, nado en Viena o 26 de abril de 1889 e finado en Cambridge o 29 de abril de 1951, foi un filósofo austríaco.
Publicou o Tractatus logico-philosophicus, que influíu en gran medida aos positivistas lóxicos do Círculo de Viena, movemento do que nunca se considerou membro. Tempo despois, o Tractatus foi severamente criticado polo propio Wittgenstein en Os cadernos azul e marrón e nas súas Philosophische Untersuchungen (en galego, Investigacións filosóficas), ambas as obras póstumas. Foi discípulo de Bertrand Russell no Trinity College da Universidade de Cambridge, onde máis tarde tamén el chegou a ser profesor.
Traxectoria
Antecedentes familiares De acordo cunha árbore xenealóxica elaborada en Xerusalén despois da segunda guerra mundial, o avó paterno foi Moisès Meier, un xudeu axente da terra que vivía coa súa muller, Brendel Simon, en Bad Laasphe, no Principado de Wittgenstein, Westfalia. En xullo do 1808, Napoleón publicou un decreto polo cal todos, incluídos os xudeus, tiñan que adoptar un apelido familiar hereditario, de forma que o fillo de Meier, tamén Moisès, tomou o nome dos seus amos, os Sayn-Wittgenstein, e pasou a chamarse Moisès Meier Wittgenstein.Bartley, p. 199-200.Sobre os nomes xudeus, pode consultarse o artigo Onomástica_xudía. O seu fillo, Hermann Christian Wittgenstein, que tomou o segundo nome "cristián" para distanciarse dos antecedentes xudeus, casou con Fanny Figdor, tamén xudía, que se converteu ao protestantismo xusto antes de casar, e a parella pasou a fundar un bo negocio co comercio de la en Leipzig, lonxe das súas orixes xudías.Monk, pp. 4-5. A avoa de Ludwig, Fanny Figdor, era prima irmá do famoso violinista Joseph Joachim.Monk, p. 5.
Tiveron 11 fillos, todos baixo a prohibición imposta por Hermann de casar con xudeus, entre eles os Wittgenstein. O pai, Karl, na década de 1880, xa era un dos homes máis ricos do Imperio Austrohúngaro, cunha fortuna conseguida coa industria do ferro e o aceiro.Bramann, Jorn K.; Moran, John. "Karl Wittgenstein, Business Tycoon and Art Patron" , Frostburg State University, consultado o 2 de setembro de 2010. Grazas a Karl, os Wittgenstein convertéronse nun equivalente dos Krupp ou Rothschild; como resultado da decisión tomada en 1898 de transferir todos os seus investimentos ao estranxeiro, a familia estaba protexida da hiperinflación que afectou Austria despois da Primeira guerra mundial.Monk, p. 7.
Primeiros anos Ludwig naceu en Viena ás oito e media do anoitecer do 26 de abril do 1889, no Palais Wittgenstein, no número 16 de Alleegasse, actualmente Argentinierstrasse, preto da Karlskirche.Edmonds, David; Eidinow, John. Wittgenstein's Poker. Faber and Faber, 2001, p. 57. Era fillo de Karl e a súa muller, Kalmus, xudía por parte de pai e católica romana por parte de nai.Consultar "Ludwig Wittgenstein: Background" , Wittgenstein archive, Universidade de Cambridge, consultado o 2 de setembro de 2010. Karl e Poldi, como os coñecía, tiveron nove fillos en total. Houbo catro nenas: Hermine, Margaret (Gretl) -que foi psicoanalizada por Sigmund Freud a principios dos anos 1930-, Helene, e unha cuarta filla que morreu cando era pequena; e cinco nenos: Johannes (Hans), Kurt, Rudolf (Rudi) e Paul, que foi un recoñecido pianista; perdeu un brazo durante a guerra e Maurice Ravel compúxolle o seu Concerto para a man esquerda. Ludwig foi o máis pequeno da familia.Bartley, William Warren. Wittgenstein. Open Court, 1994, p. 16, primeira edición en 1973. miniatura|Retrato de Margarethe Stonborough-Wittgenstein de Gustav Klimt (1905), cadro para o casamento da segunda irmá de Wittgenstein, Gretl. Os nenos foron bautizados como católicos e criáronse nunha contorna excepcional. A actividade familiar situouse no centro da vida cultural de Viena; Bruno Walter, o famoso director de orquestra, describiu a vida no Palais Wittgenstein como un lugar cunha "atmosfera omnipresente de humanidade e de cultura".Monk, p. 8. Karl era un destacado mecenas das artes; financiou obras de Auguste Rodin e da sala de exposicións e galería de arte da cidade, a Wiener Secessionsgebäude (o edificio da Secesión). Gustav Klimt pintou o retrato de casamento de Gretl, a segunda irmá, e Johannes Brahms e Gustav Mahler fixeron concertos de maneira regular na casa familiar.
O temperamento familiar e os suicidios dos irmáns Ray Monk escribe que o obxectivo de Karl era converter os seus fillos en líderes da industria, e non os enviou á escola para que non adquirisen malos hábitos, pero foron educados no fogar para preparalos para o traballo dentro do imperio empresarial de Karl.Monk, p. 11ff. Como compilou Anthony Kenny, tres deles suicidáronse; Paul converteuse en pianista de concerto e Ludwig chegou a ser filósofo despois dun breve período como enxeñeiro.Kenny, Anthony. "Give Him Genius or Give Him Death", The New York Times, 30 de decembro de 1990. "Ludwig Wittgenstein: Background", arquivo Wittgenstein, Universidade de Cambridge, consultado o 7 de setembro de 2010. O psiquiatra irlandés Michael Fitzgerald sostén que Karl era un perfeccionista sen empatía, e que a nai de Wittgenstein era ansiosa e insegura, incapaz de facer fronte ao seu marido. Sexa cal for a razón, dentro da familia parece que había unha forte tendencia á depresión, ou o que o escritor Anthony Gottlieb denomina mal humor e unha tensión nerviosa extrema. Gottlieb explica unha historia sobre Paul: cando estaba a practicar nun dos sete pianos de cola da familia, de súpeto chamou a Ludwig que estaba na habitación do lado: "Non podo tocar cando estás en casa, posto que sinto que o teu escepticismo se filtra cara a min por baixo da porta!".Gottlieb, Anthony. "A Nervous Splendor", The New Yorker, 9 de abril de 2009. Fitzgerald e o psiquiatra sueco Christopher Gillberg opinan que Wittgenstein presentaba varios trazos de autismo de alto funcionamento. A psiquiatra alemá Sula Wolff suxire que sufría dun trastorno esquizoide da personalidade.Fitzgerald, Michael. Autism and Creativity: Is There a Link Between Autism in Men and Exceptional Ability?. Routledge, 2004; consultar o capítulo "Ludwig Wittgenstein", p. 57ff. miniatura|Ludwig (inferior dereita), Paul e as súas irmás, cara a finais do 1890.
O seu irmán máis vello, Hans, tamén sufría de autismo. Alexander Waugh, un biógrafo de Wittgenstein, explica que a primeira palabra do neno foi "Edipo". Á idade de catro anos, escribe Waugh, Hans puido identificar o efecto Doppler nunha sirena que soou facendo cuartos de ton, e aos cinco anos empezou a chorar exclamando: "Mal! mal!" cando dous bandas de música tocaban nun desfile de entroido e facían soar a mesma melodía en diferentes tonalidades. Foi aclamado como un xenio da música, e probablemente foi homosexual. Morreu en circunstancias misteriosas en maio de 1902, cando fuxiu aos Estados Unidos e despois desapareceu dun barco na baía de Chesapeake; probablemente foi un suicidio.Waugh, p. 24-26
O ano seguinte, en 1903, outro irmán, de 22 anos, Rudi, estudaba química na Academia de Berlín; Waugh explica que un día entrou nun bar da Brandenburgstrasse, pediu ao pianista que tocase a canción de Thomas Koschat Verlassen, verlassen, verlassen ich bin. Despois, nun vaso de leite, puxo cianuro de potasio, bebeuno e morreu lentamente. Deixou varias notas de suicidio, unha aos seus pais, onde explicaba que estaba de loito pola morte dun amigo, e noutra falaba da súa "disposición perversa". Informouse na época que pedira o asesoramento do Comité Científico Humanitario, unha organización que estaba en campaña contra o artigo 175 do Código Penal alemán, que prohibía a homosexualidade. O seu pai prohibiu á familia mencionar nunca o seu nome outra vez.Waugh, pp. 21-22.Hirschfield, Magnus. 'Jahrbuch für sexuelle Zwischenstufen, Vol VI, 1904, p. 724, citando un diario de Berlín non identificado, citado á súa vez por Bartley, p. 36.</ref>Waugh, Alexander. "The Wittgensteins: Viennese whirl", The Daily Telegraph, 30 de agosto de 2008.
O seu irmán Kurt, oficial dunha compañía do exército, disparouse un tiro o 27 de outubro do 1918, xa ao final da Primeira guerra mundial, cando as tropas austríacas baixo o seu mando negáronse a obedecer as súas ordes e desertaron en masa. Segundo Gottlieb, Armanda dixera que Kurt parecía levar "o xerme da repugnancia pola vida dentro del mesmo". Paul tamén pensou no suicidio, como o fixo Ludwig. Este último díxolle a un amigo, David Pinsent, que cando en xaneiro de 1912, Bertrand Russell por primeira vez o alentou coas calidades da súa filosofía, este estímulo puxera fin a nove anos de soidade e de desexo de morrer, aínda que Russell, tan preocupado polo seu estado, predixera que Ludwig Wittgenstein mataríase antes de febreiro de 1914.Monk, p. 41.McGuinness, Brian. Wittgenstein: A Life: Young Ludwig 1889-1921. University of California Press, 1988, p. 184.
Anos de formación esquerda|miniatura|A Technische Hochschule Charlottenburg, Berlín. Educado por titores na súa propia casa até os catorce anos, despois da morte de Hans e Rudi, o seu pai, Karl, cedeu e permitiu que Paul e Ludwig fosen á escola. Alexander Waugh escribiu que xa era demasiado tarde para Wittgenstein para pasar os exames no gymnasium máis académico, en Wiener Neustadt, que fallou no seu exame de ingreso e apenas conseguiu, despois de clases adicionais, aprobar o exame para o máis técnico k. u. k. Realschule en Linz, unha escola do pequeno estado con 300 alumnos, e de acordo con Brian McGuinness, un bastión do nacionalismo alemán.Waugh, p. 33.McGuinness, Brian. Wittgenstein: a life. Young Ludwig 1889-1921. University of California Press, 1988, p. 51ff.<ref>K.u.k. stood for "Kaiserlich und königlich. En 1903, cando tiña 14 anos, empezou tres anos de escolaridade en albergues próximos no período lectivo coa familia de Dr. Josef Strigl, un mestre do gymnasium local, e a familia deulle o alcume de Luki.McGuinness, p. 51.
A historiadora Brigitte Hamann escribe que Ludwig destacou entre os outros mozos e, por iso, foi intimidado; falaba unha forma excepcionalmente pura de alto alemán cun certo tatexo, vestía elegantemente, e era sensible e pouco sociable.Hamann, Brigitte e Thornton, Thomas. Hitler's Vienna: A Dictator's Apprenticeship. Oxford University Press, 2000 (primeira edición de 1996 en alemán) pp. 15-16, 79. As súas primeiras impresións da escola, gravadas en fragmentos nun caderno, indican que quizais sufriu unha relación romántica temperá co fillo do Dr. Strigl, Pepi, que morreu en agosto do 1914: "Néboa [ lixo]. Relación cos xudeus, relación con Pepi, amor e o orgullo de chamar... o chapeu. Rompo con P. O sufrimento da clase."
Segundo Waugh, Wittgenstein era un inadaptado na escola; insistía en que os outros nenos se lle de dirixisen coa expresión do alemán formal "Sie", e estaba a miúdo ausente. Monk escribe que os outros nenos burlábanse, cantándolle: Wittgenstein wandelt wehmütig widriger Winde wegen Wienwärts ("Wittgenstein sae con nostalxia de Viena debido aos ventos adversos").Monk, pp.14-15. No seu certificado final de estudos, recibiu unha nota superior só unha vez, 5 en estudos relixiosos, un 2 por conduta e inglés; 3 para francés, xeografía, historia, matemáticas e física; e 4 para o alemán, a química, a xeometría e o debuxo a man alzada. Tiña especial dificultade coa ortografía e suspendeu o exame escrito de alemán por esa causa. Escribiu en 1931: "A miña mala ortografía na mocidade, até a idade duns 18 ou 19, está conectada con todo o resto da miña persoa (a miña febleza no estudo)."