STS-61 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 2 de decembro de 1993 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-61, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para reparar e dar servizo ao telescopio espacial Hubble por primeira vez. A tripulación estaba formada polo comandante Richard O. Covey, o piloto Kenneth D. Bowersox, o comandante de carga F. Story Musgrave e os especialistas de misión Kathryn C. Thornton, Claude Nicollier, Jeffrey A. Hoffman e Tom Akers.

O Hubble fora lanzado cun defecto na súa óptica que non se descubriu ata que estivo en órbita. A tripulación fixo ata cinco paseos espaciais (a maior cantidade nunha soa misión ata o momento) para, entre outras cousas, substituír os paneis solares e instalar un dispositivo denominado COSTAR no interior do telescopio para corrixir a óptica defectuosa. O transbordador capturou o telescopio co seu brazo robótico (manexado por Claude Nicollier) no terceiro día de voo, colocándoo en vertical na bodega de carga. Durante os días seguintes, Musgrave, Hoffman, Thornton e Akers fixeron os cinco paseos espaciais para substituír e reparar as diversas partes do observatorio espacial. No noveno día o telescopio foi liberado, co presidente Bill Clinton e o vicepresidente Al Gore felicitando á tripulación.

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 13 de decembro de 1993.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Endeavour

Categoría:Programa STS