STS-64 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 9 de setembro de 1994 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-64, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para facer varios experimentos a bordo, realizar observacións astronómicas coa plataforma SPARTAN-201 e utilizar por primeira vez o instrumento LITE, un lídar desde o espazo para estudar a atmosfera terrestre. A tripulación estaba formada polo comandante Richard N. Richards, o piloto L. Blaine Hammond e os especialistas de misión Jerry M. Linenger, Susan J. Helms, Carl J. Meade e Mark C. Lee. Durante a misión tivo lugar a primeira actividade extravehicular estadounidense sen cables en dez anos e na que Lee e Meade probaron unha mochila propulsora denominada SAFER para uso en caso de que un astronauta se soltara accidentalmente das súas agarradeiras durante un paseo espacial.

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 20 de setembro de 1994.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery

Categoría:Programa STS