STS-77 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 19 de maio de 1996 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-77, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para soltar a plataforma SPARTAN-207 co experimento IAE nela, consistente nunha antena inchable. A tripulación, composta polo comandante John H. Casper, o piloto Curtis L. Brown e os especialistas de misión Daniel W. Bursch, Mario Runco, Marc Garneau e Andrew S. W. Thomas, tamén fixo varios experimentos.

O transbordador levaba a bordo tamén o módulo Spacehab-4 con 1361 kg de equipamento e experimentos sobre biotecnoloxía, electrónica, polímeros e agricultura.

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 29 de maio de 1996.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Endeavour

Categoría:Programa STS