José Hervella Carrera, nado en Manzaneda en 1955, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Traballaba como vendedor nunha empresa de distribución de alimentos. Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido concelleiro de Manzaneda pola UCD.La Voz de Galicia, Ourense, 6-5-1999, p. 41. Foi alcalde do Manzaneda polo Partido Popular dende as eleccións municipais de 1999. Gobernou con maioría simple en 1999, acadou a maioría absoluta nas municipais de 2003 e de novo venceu por maioría simple nas municipais de 2007, pero insuficiente para gobernar, de xeito que lle arrebatou a alcaldía o candidato do BNG Xosé Antonio Núñez Domínguez.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Manzaneda

Categoría:Alcaldes de Manzaneda Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia

Categoría:Nados en Manzaneda

Categoría:Nados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes