é un filme xaponés de 1948Decine21, El ángel ebrio. dirixido por Akira Kurosawa. É a primeira das dezaseis colaboración entre o director Kurosawa e o actor Toshiro Mifune.

Sinopse Sanada é un doutor cun carácter moi peculiar, que leva a cabo unha obstinada loita contra as doenzas e que ten o costume de consumir alcohol. Este home vive e traballa nun barrio periférico do Tokyo de posguerra. Alí coexisten a lei da mafia e a dunha democracia en formación. Certo día, o doutor recibe a un home a altas horas da noite que lle pide que lle cure unha ferida na súa man. As sospeitas que o doutor deixa albiscar nas súas faccións e acenos concréntanse en pouco tempo ó extraer da man unha bala. O ferido chámase Matsunaga e é outro home cun carácter peculiar, un xefe da mafia local. Logo de extraer a bala e facer outros exames, Sanada descobre que Matsunaga ten tuberculose e a partir desa diagnose comeza a construírse unha difícil relación entre estas dúas persoas.

Personaxes Takashi Shimura como Doutor Sanada Toshiro Mifune como Matsunaga Reisaburo Yamamoto como Okada Michiyo Kogure como Nanae Chieko Nakakita como enfermeira Miyo Eitarō Shindō como Takahama Noriko Sengoku como Gin Shizuko Kasagi como cantante Masao Shimizu como Oyabun Yoshiko Kuga como rapaza da escola

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1948 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Akira Kurosawa Categoría:Filmes sobre temas médicos Categoría:Filmes de Toho Categoría:Filmes de 1948 con versión en galego