STS-81 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 11 de xaneiro de 1997 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-81, con sete astronautas (Michael A. Baker, Brent W. Jett, John M. Grunsfeld, Marsha Ivins, Peter J.K. Wisoff e Jerry M. Linenger) a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, intercambiar a algúns membros da tripulación, levar subministracións e facer experimentos.
O transbordador levaba un módulo Spacehab a bordo con subministracións e experimentos, transferindo 2722 kg de carga á estación. A tripulación tamén probou o sistema de illamento de vibracións da cinta de correr para o seu uso na futura Estación Espacial Internacional.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 22 de xaneiro de 1997, deixando na estación a Linenger e traendo de volta a e John E. Blaha.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis
Categoría:Programa STS